JUANA DE VEGA, a exposición conmemorativa do 150aniversariodo seu falecemiento

A primeira tenente de alcalde de Monforte, Gloria Mª Prada Rodríguez, acompañada pola vicepresidenta da Fundación Juana de Vega, Teresa Táboas, pola concelleira de Cultura, Mariña Doutón, e o concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, inauguraron na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a exposición sobre a vida e a traxectoria de Juana de Vega, con motivo do 150 aniversario do seu falecemento, a cal permanecerá aberta ata o 24 de agosto.
A exposición “Juana de Vega, Condesa de Espoz e Mina (1805-1872): Facer no século” está organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do falecemento da ilustre coruñesa, que desenvolveu unha intensa actividade benéfica e social, unha muller progresista e liberal, avanzada para a súa época, que deixou un gran sinal non só na cidade da Coruña senón tamén en toda Galicia e resto do Estado.
Todos aqueles interesados en visitar a exposición desta importante figura da historia de Galicia e España, poderán facelo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, desde o 7 ao 24 de agosto, de luns a venres, en horario de 9.00 a 21.00h, e os sábados de 9.00 a 14.00h.
A mostra itinerante sobre a vida e a traxectoria de Juana de Vega abarca desde o seu nacemento en 1805 na Coruña ata o seu falecemento en 1872 nesta mesma cidade. A exposición iniciou o seu percorrido no principio do ano na cidade da Coruña, e posteriormente está a rotar polas principais cidades de Galicia, recalando ademais en Monforte de Lemos, terra da nai de Juana de Vega, e en Mondoñedo, de onde era orixinario o seu pai.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unhas Festas Patronais e un Verán Cultural esenciais para a dinamización económica da cidade

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra promociónase no Festival Interceltique de Lorient

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss