Maís desencontros entre socialistas e populares monfortinos, agora a conta dos investimentos da Xunta na cidade

Unha vez que a polémica xurdiu entre o equipo de goberno monfortino, co seu alcalde ao frente, e o grupo municipal popular, personalizado en Katy Varela, a conta da denuncia de posibles verteduras incontroladas ao río Cabe, parecer que se abriu a caixa dos tronos, e nin sequera a calor estival parece capaz de acougar unhas augas, que estas si, parecen vir revoltas.
Nesta liña, o Equipo de Goberno de Monforte, fixo un comunicado para denunciar públicamente o que considera unhaa estratexia de castigo e discriminación da Xunta de Galicia aos veciños e veciñas de Monforte, coa intención de que o Alcalde, D. José Tomé Roca, teña todos os impedimentos posibles, para a boa xestión da cidade. Sinalan, que é o que se desprende da argumentación feita no Pleno do pasado 31 de xullo, por un dos concelleiros do Partido Popular, o Sr. José Luis Rodríguez Varela, o método de distribución de orzamentos que fai a Xunta de Galicia entre os Concellos da nosa comunidade, resulta totalmente partidista e depende do partido político ao que pertenezca o Equipo de Goberno de cada un dos Concellos. Insisten os socialistas no que se deduce das afirmacións deste representante do Partido Popular – ”que sepan os monfortinos que tamén é do xénero tonto darlle ao Ayuntamiento desde o PP, darlle ao Ayuntamiento e facer as mellores festas nun Ayuntamiento do PSOE porque despois a medalla vaina poñer vostede”, é que a Xunta non aporta axudas ao noso Concello, co único propósito de perxudicar ao Goberno Municipal, tratando de impedir que o Alcalde da cidade, poida conseguir mais éxitos na súa xestión, dos acadados ata agora, solo por ser do PSOE. Entenden dende o equipo de goberno monfortino que “a realidade é que a Sra. Katy e o Concelleiro Sr. José Luis están confudidos, porque os cartos quen os dá é a Xunta, non o Partido Popular, porque é diñeiro público”. Según o Equipo de Goberno, “leva anos reivindicando a necesidade de rematar o Porto Seco, dereito non recoñecido pola Xunta que se mantén impasible ante as peticións do Equipo de Goberno, mentras en Concellos moi próximos a nós, como o de Bóveda, a Consellería de Economía e Industria declaraba que xa no ano 2015 que a colaboración con Bóveda ascendía a preto de 5.000.000 de € nos últimos 6 anos, cantidade incrementada nos últimos anos en 1,6 millons de euros repartidos en 8 polígonos industriais lucenses (Bóveda, Baleira, Cospeito, Sarria, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Cervo e Xove) entre os que non figura Monforte, que leva co Porto Seco paralizado, por mor da Xunta, dende fai décadas”.
Pola súa banda, os populares monfortinos amosan o seu hartazgo e cansazo ante o goberno municipal, pola súa constante estratexia de culpar á Xunta de Galicia dos seus problemas de xestión como é o caso de non pedir as axudas públicas para aumentar as prazas de gardería ou para a creación da unidade da atención temperá. Declaran os populares que “no último pleno, presenciamos un patético argumentario victimista onde se pretende culpar á administración autonómica das carencias que manifesta este alcalde en xestión cando se trata doutras cousas que non sexan luces e cemento”. A Xunta, según os populares, investiu no últimos catro anos 35 millóns de euros na cidade do Cabe. Precisamente o Conselleiro de Educación estivo a pasada semana comprobando o estado das obras de rehabilitación do Daviña Rey, onde ademais ninguén do equipo de goberno asistiu a pesar de ser convidados. Os populares enumeran como exemplos de apoio da Xunta, a feira de artesanía ou do libro, o Carude rock ou as festas de San Antonio, Valle de Lemos e Piñeira. Consideran que calquera comentario dun edil do PP que o alcalde pretenda utilizar para ter protagonismo está sacado de contexto.
Máis madeira, que dicían os hermanos Marx.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia acolle este verán 46 campos de voluntariado que poñen en valor o patrimonio cultural, medioambiental, patrimonial e turístico

Seguinte Nova

Os viños da Adega Rectoral de Amandi obteñen a certficación Galicia Calidade

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: