Monforte dá comezo ás súasFestas Patronais

Deron comezo xa as Festas Patronais de Monforte 2023, que terán lugar ata o próximo día 16 de agosto, das que se espera sexan unha das edicións máis concorridas dos últimos anos. O Alcalde José Tomé Roca, no acto de presentación das mesmas, sinalou que son “unhas Festas Patronais que manteñen a esencia que tiveron nos últimos 8 anos, con 5 concertos principais na explanada da Compañía, todos eles acompañados de orquestras que farán un previo e un posterior peche das actuacións tratando de que o horario musical das festas co carácter xeral, se inicie ás 11 da noite e remate entorno ás 4 da madrugada” indicou o rexedor monfortino.
O Alcalde recordou que foi no mes de maio cando se anunciaron os concertos musicais das festas e sinalou que “estamos convencidos de que os concertos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ó variado dos estilos musicais”. “Monforte volve a celebrar esas Festas Patronais por todo o alto, dando ese paso definitivo cara á normalidade que todos desexamos”, recalcou o rexedor municipal. O inicio oficial das Festas terá lugar hoxe coa lectura do Pregón, a cargo do maxistrado monfortino Edgar Amando Cloos Fernández. Tras o lanzamento do foguete e o encendido da iluminación artística, como é habitual, haberá unha actuación musical, pasando este ano da praza de España á praza da Compañía. “Así que este ano, temos unha novidade para este primeiro día de Festas” subliñou o Alcalde, “xa que incluiremos un concerto principal na praza da Compañía, que será o de Lucía Pérez, ás 12 da noite”. E tras el, actuará o grupo monfortino Malenne, ás 2 da mañá. “Pero a praza de España non quedará valeira o día 11, xa que actuará a Banda de Acordeóns dos Xograres de Lemos”, concluíu.
O Alcalde quixo resaltar o programa de actuacións musicais, lembrando que “novamente seguimos a apostar pola inclusión dos grupos monfortinos no noso programa de Festas, como poderán comprobar ó longo do mesmo, e tamén na programación do Verán Cultural”. Lucía Pérez, Mikel Erentxun, Gin Tony’s, a orquestra Panorama, Antonio José, Tanxugueiras e Luz Casal serán as estrelas de programa musical deste ano.
Ademais, o martes 15, Día da Patroa, a Virxe de Montserrat, terá lugar na igrexa da Régoa, como ven sendo habitual estes últimos anos, debido a que a igrexa de San Vicente continúa pechada debido as actuacións de mellora que se están a facer no seu alumeado. Tamén ese martes 15 de agosto terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade.
Pola tarde, na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional. Pola noite, antes dos Fogos de San Vicente e as actuacións musicais, as Barcas tradicionais engalanadas farán un percorrido polo río Cabe, a partir das 23:30 h.
O Programa das Festas tamén inclúe a oitava edición do Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa”, os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardeal. E non faltarán tampouco os tradiconais fogos do río, o día 16 ás 12 da noite no Paseo do Malecón.
“En resumo”, sinalou o Alcalde, “creo que o Programa que elaboramos para as nosas Festas Patronais deste ano 2023 e para o noso Verán Cultural, é un moi bon programa que pretende que as Festas Patronais sexan cada vez máis as festas de todos. As Festas de todos tamén se escenifican no alumeado, onde se van colocar 255 arcos en 64 rúas que abarcan todos os barrios da cidade, con 1 millón de luces LED”. José Tomé concluíu desexando a todos os monfortinos unhas felices Festas, e tamén a todos aqueles que visitan o Concello, e animounos a todos a participar e a disfrutar activamente nelas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

MÉRCORES ESCÉNICOS EN SARRIA

Seguinte Nova

Éxito de participación e asistencia na décima edición do DHU Vila de Sarria

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss