O aceite de Quiroga estará presente naVolta Ciclista a España

Imaxe de arquivo, dunha edición anterior da Volta ciclista a España, no stand promocional de …E para comer Lugo. Fotos GPCQ.

O aceite de Quiroga volverá recorrer España -e xa por cuarta vez- coa volta ciclista, La Vuelta 2023. O aceite quirogués forma parte novamente do stand “…E para comer, Lugo”, que a asociación de hostalaría da provincia de Lugo (APEHL) coloca na zona vip de todas as saídas de etapa da volta ciclista.
O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, acudía á presentación desta nova promoción dos produtos da provincia, na que participaban o director de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, o director de la Vuelta, Javier Guillén e o presidente da Apehl, Cheché Real.
A volta ciclista comezará o sábado 26 de agosto en Barcelona rematando, tras máis dunha vintena de etapas, en Madrid. O stand co aceite de Quiroga estará presente nas saídas de etapa en terras de Barcelona, Andorra, Tarragona, A Costa Blanca, Valladolid, Zaragoza, Pamplona, Santander, Asturias, León e Madrid.
Esta é a cuarta vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a asociación de hostalería da provincia dende hai once anos e na que participan unha vintena de produtos presentados por distintos consellos reguladores da provincia.
Será o persoal da Asociación quen atenderá aos asistentes (ciclistas, patrocinadores, xornalistas especializados…) e, a maiores de servir aperitivos elaborados con produtos da terra, difundirá exemplares da última edición da guía turístico gastronómica editada pola asociación de hostalaría da provinica de Lugo …E para comer, Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda homenaxea ao nadador Javier Pontón, despois de obter a medalla de Prata no Campionato de España

Seguinte Nova

Xa está dispoñible a versión dixital do Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: