Sober mellorará os seus campos de fútbol

Campo de fútbol da Carqueixa, onde xoga o Río Sil. Fotos GPCS.

O Concello de Sober acomete obras de mellora nos Campos de fútbol de Centeás e A Carqueixa. Dende o Concello xa se están levando a cabo importantes obras de mellora nos dous Campos de fútbol do municipio nos que xogan o Río Sil e o Sober. As actuacións consisten, entre outros traballos, en sementar de céspede os dous estadios. Os traballos, que contan con máis de 100.000 euros de presuposto, están financiados con fondos municipais e dúas axudas da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, unha través da Secretaría Xeral para o Deporte e outra concedida pola Dirección Xeral de Administración Local destinada a aforro enerxético. Entre as melloras previstas nos dous campos vaise mellorar o terreo de xogo cun tratamento específico para eliminar malas herbas, con escarificado do terreo e sementado.Por outro lado, vanse colocar novos bancos para os xogadores e farase a instalación de alumeado LED de última xeración, tanto no exterior como no interior das distintas instalacións. Tamén serán colocadas bombas de calor para substituír os termos eléctricos, o que suporá mellores prestacións e menor consumo.
O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca que se trata dunhas obras “necesarias” que amosan o compromiso do Goberno local co deporte e cos equipos de fútbol de Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os viños da Adega Rectoral de Amandi obteñen a certficación Galicia Calidade

Seguinte Nova

Bóveda homenaxea ao nadador Javier Pontón, despois de obter a medalla de Prata no Campionato de España

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: