Unhas Festas Patronais e un Verán Cultural esenciais para a dinamización económica da cidade

Foto Montero

Ademais das actividades programadas na semana de festas, do 11 ao 16 de agosto, o Concello de Monforte ofrece, segundo o seu Alacalde José Tomé, «un completo Programa Cultural do Verán, que se desenvolve nos meses de xullo, agosto e setembro no que, como lles indiquei ó inicio da miña intervención, teñen especial cabida os grupos e músicos monfortinos, nunha aposta decidida do Equipo de Goberno polos nosos artistas locais”, apuntou o rexedor monfortino.
O Alcalde destacou así as principais novidades do Verán Cultural:

CICLO DE CONCERTOS DE GRUPOS LOCAIS
Desenvolverase do 23 ó 30 de agosto en 3 ubicacións que son a Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España. Os grupos protagonistas deste ciclo serán:

  • O mércores 23 de agosto: Cero 2 Cero (22:30 h.) e Los Ginetes del Trópico (00:00 h.), na praza da Estación.
  • O xoves 24 de agosto: Dinosaurios (22:30 h.) e Doc Magoo’s (00:00 h.), na Praza da Compañía.
  • O luns 28 de agosto: Dúo contrabaixo e voz (22:30 h.) e Movilla y Los Irrepetibles (00:00 h.), na Praza da Compañía.
  • O martes 29 de agosto: Galga Blues Band (22:30 h.) e The Poet`s Silence (00:00 h.) na Praza de España.
  • E o mércores 30 de agosto: Bella Chaos (22:30 h.), Vera Lynn (23:45 h.) e El Tarot de Toth (01:00 h.), na Praza da Estación.
    Neste Verán Cultural de Monforte, houbo tamén espazo para a Gala Máxica Galega e tampouco quixo olvidar o Alcalde o ciclo Monforte Fusión, adicado á música de fusión, no que a música lixeira, o jazz, o tango, o bolero, a bossa nova, o funky, o soft rock ou o swing foron os estilos protagonistas.
    Ademais seguen ofrecéndose as clásicas citas como:
  • Os Paseos en Barca polo Cabe, durante os meses de xullo, agosto e setembro.
  • A Exposición de Carteis do XXVIII do Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais, do 7 ó 24 de agosto.
  • A 23ª Mostra Artelemos, xa celebrada do 4 ó 9 de agosto.
  • O Festival Carude Rock.
  • A Festa da Empanada de Ribasaltas, o 20 de agosto.
  • A XXIV Feira do Libro de Monforte, do 23 ó 26 de agosto.
  • O II Encontro de Palilleiras do Concello de Monforte, o XXII Festival de Habaneras e o Festival do Paradiso, os tres eventos o sábado 2 de setembro.
  • A Xornada Europea da Cultura Xudía, o domingo 3 de setembro.
  • E a Festa do San Mateo o xoves 21 de setembro, que pechará o Programa Cultural de Verán.

REVULSIVO ECONÓMICO
Rematou José Tomé recalcando que “tanto as Festas Patronais como o Programa de Verán son un revulsivo económico que permite que moitas pequenas empresas garantan a súa pervivencia pola actividade económica que desenvolven durante o verán, especialmente durante as Festas Patronais.”
Ademais, cabe recordar que todos os concertos e actividades tanto das Festas como do Verán Cultural son de carácter gratuíto, e inclúen unha gran variedade de estilos e propostas para todo tipo de públicos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Lemos prepara xa a nova tempada

Seguinte Nova

JUANA DE VEGA, a exposición conmemorativa do 150aniversariodo seu falecemiento

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: