A Pobra do Brollón, capital do ciclismo galego, acolle as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia

Foto GPVDL.

A Volta á Galicia está a percorrer, un ano máis a xeografía lucense, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A Pobra do Brollón vonvírtese no punto de referencia das dúas primeiras etapas da proba que reúne os mellores ciclistas das categorías Sub-23 e Elite e que se están a celebrar onte e hoxe15 de setembro. Foron o vicepresidenta da Deputacíon de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro e o alcalde da Pobra do Brollón Xosé Lois Maceda, acompañados por representantes da Federación Galega de Ciclismo, e da Xunta de Galicia en Lugo, os encargados de presentar a proba na área recreativa de Samugueiros.
Xose Lois Maceda valorou a oportunidade que a Volta a Galicia ofrece como “como escaparate para amosar A Pobra do Brollón de cara ao exterior e para seguir dinamizando a economía local en torno ao turismo” e subliñou “a importancia da colaboración institucional para que este tipo de eventos se celebren en concellos rurais”.
Ao peche desta edición, está a disputarse a contrarreloxo individual de 6,7 quilómetros, da que non temos aínda resultados, pero que levantou unha gran expectación na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Ucoga CB Chantada xógase o pase á final da Copa Galicia

Seguinte Nova

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades dá conta das principais accións en materia educativa

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: