A reforma do Pavillón municipal da Pinguela entrana súa recta final

Algo máis de 120 días despois do inicio das obras, e con máis dun 70% da obra executada, xa se pode apreciar cal vai a ser a nova imaxe da instalación deportiva

odo parece indicar que os prazos previstos para a execución da reforma do Pavillón deportivo municipal da Pinguela, van cumprir. Así puideron constatalo o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polos Concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, e de Deportes, José Manuel Mougán, na visita de supervisou que fixeron a pasada semana para comprobar a evolución das obras.
José Tomé destacou que “algo máis de 120 días despois do inicio das obras, e con máis dun 70% da obra executada, xa se pode apreciar cal vai a ser a nova imaxe da instalación deportiva. Unha imaxe actual e moderna, na que se reordenan os espazos que permiten crear un novo ximnasio e almacén na planta baixa e aumentar a zona destinada a despachos en 85 m2”.
Cabe recordar que o pasado 2 de maio, o Alcalde anunciaba o comezo das obras de reforma do Pavillón Municipal da Pinguela, “obras que supoñen unha reforma integral da instalación e que van dotar a Monforte dun pavillón polideportivo, seguro, moderno, amplo e que vai a dar resposta ás necesidades da cidade en materia deportiva”.
José Tomé tamén subliñou que “estamos cumprindo os prazos de execución da obra, que está previsto remate a finais do mes de setembro, dando cumprimento así coas esixencias para poder ser beneficiarios da subvención concedida polo Consello Superior de Deportes, que establece que as obras deberán estar finalizadas antes do 30 de setembro de 2023”.
A adxudicación desta importante obra fíxose por un importe de 3.708.051,62€. Foi adxudicada á UTE Construcciones Castro Figueiró S.L.U.-Xestión Ambiental de Contratas S.L.
A financiación da obra é compartida polo Consello Superior de Deportes, que aportou o 53,52% do orzamento e o Concello de Monforte que aportou o 46,48% restante.

Mellora integral
A financiación do proxecto correu a cargo do Consello Superior de Deportes, sendo un dos 55 elexidos, entre 238 entidades solicitantes.
Neste senso, un dos aspectos polos que máis puntuación se concedía na valoración dos proxectos presentados era a eficiencia enerxética que se conseguiría unha vez realizadas as obras. No caso das obras de reforma do Pavillón da Pinguela suporán unha mellora na eficiencia enerxética do edificio que permitira pasar dunha cualificación enerxética E a una cualificación enerxética B, en canto a consumo de enerxía primaria non renovable, e dunha cualificación enerxética F a unha cualificación enerxética A, en canto a emisións de CO2.
O novo pavillón contará cunha imaxe actual e moderna, na que se reordenan os espazos que permiten crear un novo ximnasio e almacén na planta baixa e aumentar a zona destinada a despachos en 85 m2.
Na planta superior a instalación contará con gradas arredor da pista deportiva, para o que se amplía a grada actual e se constrúen novas gradas no lado oeste e nas dúas cabeceiras, norte sur. Isto permitirá pasar dun aforo de 465 persoas, da antiga instalación, a 1.198 localidades, o que permitirá a organización de competicións de máis alto nivel.
O resto de espazos, pista deportiva, vestíbulo, vestiarios, aseos, etc. van ser totalmente novos.
O exterior do edificio tamén vai a lucir unha nova imaxe, xa que se van a urbanizar un total de 1.400 m2 arredor do pavillón humanizando así todo o perímetro da instalación.
Tal e como explicou o rexedor cando presentou o proxecto, “practicamente estamos a falar dun novo polideportivo dado que solo se vai conservar parte da estrutura e todo o demais, vaise a facer de novo; non solo será novo por dentro, tamén por fora xa que se vai a recubrir dunha capa envolvente que lle proporcionará un acabado espectacular”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CIG-Saúde denuncia que o Centro de Saúde de Chantada conta con só dous facultativos de seis para atender máis de 8000 pacientes

Seguinte Nova

Galicia é a primeira comunidade en dispor dunha rede pública de centros de día de Alzhéimer

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: