O Alcalde, José Tomé Roca, anima a que participen tanto os monfortinos como as persoas que visiten a cidade e a Ribeira Sacra durante este mes de setembro
O Concello de Monforte segue a conmemorar Xornada Europea da Cultura Xudía con novas actividades, durante este mes de setembro, como o xogo Abre a porta da Memoria. Os xudeus sefardís mantiveron vivo o recordo ó longo do séculos, leváronse con eles as chaves das súas casas coa esperanza de poder regresar de novo un día a elas. Hoxe esas chaves son símbolo da memoria e vínculo entre todos eles e coa súa terra de orixe Sefarad.
Este xogo, ideado pola Red de Juderías de España, consiste en situarse diante dunha porta colocada na Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6), facer unha foto diante de dita porta e seguir as instrucións do QR impreso na porta.
O Alcalde, e Presidente da Red de Juderías de España durante este ano 2023, procedeu a realizarse a correspondente fotografía, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.
Unha vez sacada a fotografía, para participar no concurso, será necesario subila a Instagram e etiquetala con #memoria #redjuderias ou enviala a descubridores@redjuderias.org.
Os participantes que suban as súas fotos, optarán a conseguir diferentes premios a través do sorteo de packs de agasallos.
EXPOCIDADES EN PORTUGAL
Monforte foi unha das cidades galegas que amosou o seu potencial turístico na sexta edición da Mostra de Turismo das cidades do Eixo Atlántico, Expocidades, que se celebrou na localidade portuguesa de Valongo. A Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acudiu en representación da administración municipal e, asistiu ó acto inaugural e a diversos actos promocionais con medios de comunicación.
Nesta sétima edición de Expocidades o Concello de Monforte conta cun stand propio dende o que promocionará o potencial turístico, artístico e gastronómico da cidade e da Ribeira Sacra. “A cidade do Cabe amosou as posibilidades turísticas, unha oferta centrada no turismo de proximidade dada a relativa distancia que existe entre as cidades galegas e as portuguesas e a variedade de ofertas turísticas para o visitante”, destacou Gloria Prada.•