Albores Saúde Mental está a levar a cabo un Programa de Acompañamento Integral para a Prevención do Suicidio

O seu obxectivo é contribuír á prevención dunha problemática que vai en aumento, que está invisibilizada e á que é urxente dar resposta. Foto EnComún.

Con ocasión da pasada conmemoración do Día Mundial para a Prevención do Suicidio, a asociación Albores Saúde Mental quixo lembrar que constitúe a primeira causa de morte en mozos e a primeira causa de morte non natural na poboación xeral, moi por encima dos accidentes de tráfico. Ademais, Lugo é a provincia con maior número de suicidios no país. Por iso, esta asociación está a levar a cabo un Programa de Acompañamento Integral para a Prevención do Suicidio. O programa é gratuíto e está dirixido a persoas que estean en risco de suicidio, que teñan problemas de saúde mental, maiores de 16 anos e residentes nalgunha das 12 localidades do sur de Lugo, así como aos seus familiares. Calquera persoa que necesite axuda ou queira obter máis información pode contactar coa asociación Albores no correo electrónico albores@albores.org ou no teléfono 982 404 968.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pladesapu sinala o inadecuado mantemento, como causa das incidencias polas tormentas no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

CIG-Saúde denuncia que o Centro de Saúde de Chantada conta con só dous facultativos de seis para atender máis de 8000 pacientes

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss