O Saviñao celebrou a II edición da súa Festa da Vendima

Foto Consorcio T. Ribeira Sacra.

Coa festa da Vendima do Saviñao, rematan os eventos que teñen ao viño como protagonista en toda a Ribeira Sacra, e que comezaron este ano alá polo mes de marzo coa Feira do Viño de Chantada. Pero a do Saviñao é a única que ten como protagonista á vendima, unha das máis duras e á vez fermosas tarefas vitivinícolas. Nesta festa, lémbranse os traballos de antes, como era pisar as uvas en caldeiros de madeira, algo que nestes tempos xa non se fai. É unha homenaxe a outros tempos, unha conmemoración foklórica que nos acerca a quenes fomos non hai moito tempo.
E foron moitos os que se achegaron á devesa de Escairón para celebralo, e disfrutar do cheiro das uvas machacadas. Houbo tamén gastronomía, música, tradición, paisaxe e troula. Todo parece indicar que esta festa vaise consolidar, e xa estamos desexando que chegue a súa terceira edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Segue en estudo a implantación de novos polígonos agroforestais no Saviñao, Chantada e Paradela

Seguinte Nova

Pladesapu sinala o inadecuado mantemento, como causa das incidencias polas tormentas no Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss