Out of Wonderlanda expulsión do País das Maravillas

O Espazo +60 Afundación de Monforte acolle a exposición fotográfica Out of wonderland de Carlos e Begoña Martínez Casanova, dous irmáns monfortinos. Trátase do seu primeiro proxecto, que foi presentado na Feira Andaluza de Arte Contemporánea – FADAC o pasado mes de abril. Alicia é só unha escusa para falar da perda dos soños camiño da idade adulta. Perda da capacidade de coarse en aberturas a outros mundos, con linguaxes aparentemente ilóxicas que nos achegan a certa esencia da realidade. Para esta exposición contan tamén coa pintora monfortina Anabel Álvarez Goyanes e a poesía da madrileña Elena González Reyes, xa que o proxecto foi concibido como colaborativo, que partindo dunha idea común, achéguenos os puntos de vista de diferentes artistas: mundos interiores, realidades, ausencia, dor, aceptación, transformación… Fotografías, instalacións, pintura, poesía. Cada artista mostra a expulsión do seu propio País das Marabillas.

Foto Montero.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Avanza a construción do novo túnel ferroviario de Oural, con 1 quilómetro xa escavado

Seguinte Nova

O Concello de Monforte aposta pola ampliación do Polígono do Reboredo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss