Pladesapu sinala o inadecuado mantemento, como causa das incidencias polas tormentas no Hospital de Monforte

Nos vindeiros meses, Sanidade tomará a decisión sobre o mantemento da Área Sanitaria de Monforte. Arquivo EC.

As tormentas da pasada semana tamén provocaron incidentes no Hospital de Monforte. Según a Plataforma en Defensa da Sanidade da Zona Sur de Lugo, na madrugada do pasado venres ao sábado, debido a tormenta e as malas condicións dun tellado que leva anos pendente de ser arranxado, producíronse varias inundacións en diferentes partes do hospital (maternidade, hospital de día, laboratorio, plantas de hospitalización, etc.) provocando a movilización de todo o personal que como puido e co que puido intentaban evitar o aumento desas inundacións con sábanas, toallas, fregonas e todo o que atopaban para que non afectase en moita medida aos pacientes ingresados e aos aparellos. Dentro das consecuencias máis graves estiveron o traslado de pacientes e incluso, a paralización do traballo de laboratorio. Pladesapu califica como “vergonzoso que mentres pechan plantas para darlles un “lavado de cara” a base de pintar paredes e cambiar mobiliario; o tellado leve anos e anos sen arranxarse sendo unha das partes máis importantes do edificio. E o SERGAS segue tan tranquilo e sen amosar moita preocupación por solucionalo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Saviñao celebrou a II edición da súa Festa da Vendima

Seguinte Nova

Albores Saúde Mental está a levar a cabo un Programa de Acompañamento Integral para a Prevención do Suicidio

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss