Galicia é a primeira comunidade en dispor dunha rede pública de centros de día de Alzhéimer

Reunión das deputadas populares cos representantes de AFALU. Foto GPPP..

s deputadas do Grupo Popular Elena Candia e Raquel Arias reuníronse con representantes da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afalu) para recoller as súas propostas de cara a mellorar as prestacións que reciben estes pacientes e poñer de manifesto o traballo que xa está a desenvolver a Xunta, situando a Galicia como a primeira comunidade autónoma en dispor dunha rede pública de centros de día de alzheimer.
Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Azheimer, Elena Candia e Raquel Arias explicaron aos representantes de Afalu que a Xunta asinou este ano o primeiro concerto social de alzheimer, a través do que se incrementa o financiamento de prazas e se asegura a estabilidade dos centros e asociacións. Así mesmo, as deputadas do Grupo Popular recoñeceron a necesidade de seguir traballando para mellorar a atención aos enfermos de alzheimer.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A reforma do Pavillón municipal da Pinguela entrana súa recta final

Seguinte Nova

Iníciase o procedemento para a construción da nova depuradora do Polígono do Reboredo

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: