Copa Galicia EBA: O Ucoga Seguros Chantada renova o título de campión

Foto CB CHANTADA.

O Pavillón Municipal de Chantada foi unha festa o pasado sábado, cando acolleu unha gran entrada de afeccionados para ver como outra vez, o Ucoga CB Chantada alzábase co título de Campión da Copa Galicia, en vesión EBA. O anfitrión desta edición sumaba, deste xeito, a súa sexta Copa Galicia nesta categoría, sendo a quinta consecutiva: 2009, 2018, 2019, 2021, 2022 e a presente 2023. Moito mérito teñen os chantadinos, tanto polo bo traballo nos despachos con Chicho Montenegro á fronte, como na dirección deportiva con Luís Gamallo e desde o banco con Alberto Fafián xa que ano tras ano son capaces de atraer talento novo procedente dos principais equipos que compiten en categorías inferiores en liga galega, e combinalo coa experiencia e talento de xogadores como Noguerol ou Cristián Iglesias, e aderezalos con algún fichaxe determinante, como parece que pode ser este ano o de Adria Trouvé, para seguir competindo ao máximo nivel, nunha esixente categoría, con equipos de cidades de moita maior entidade que Chantada. E esta fin de semana, arrinca xa a liga. As aspiracións, volven estar ao grande.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bo arranque de tempada da SD Sarriana en Terceira

Seguinte Nova

A Furgoteca superou as 9.000 visitas nos concellos rurais de Lugo e Ourense

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: