Enfermeiras de “A por todas” protestan en Monforte polas súas condicións laborais

Varios centos de enfermeiras e enfermeiros, representados polo colectivo “A Por Todas”, manifestouse esta semana ás portas de varios hospitais galegos, incluíndo o de Monforte, para alzar a súa voz e esixir cambios significativos nas súas condicións laborais.
Alegan que a súa situación profesional está a deteriorarse progresivamente e que o Sergas precisa unha revisión integral para facer fronte ás súas preocupacións. Entre as principais inquedanzas destes profesionais está a crónica falta de persoal, un problema que consideran especialmente grave en sectores clave como a Atención Primaria e a Atención Especializada. A reducida cantidade de traballadores afronta unha carga de traballo cada vez máis abrumadora, o que ten impactos negativos tanto no seu benestar como na calidade da atención prestada aos pacientes.
Os membros de “A Por Todas” expresaron a súa frustración coa falta de progreso na súa situación laboral e denunciaron anos de trato desfavorable. Entre as súas demandas atopamos a necesidade de mellorar a relación enfermeira-paciente, a busca de maior estabilidade e transparencia nos contratos, a recuperación das pagas extra e o recoñecemento dos solapamentos de xornada.
Este movemento tamén gañou o apoio do Colexio Oficial de Enfermeiros de Galicia e dos representantes sindicais do sector, quenes comparten as súas preocupacións e demandas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte celebrou o Día Mundial do Alzhéimer

Seguinte Nova

Inauguradas as I Xornadas de Desenvolvemento Rural “Do Imposible ao Posible” en Seoane do Courel

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss