
O pasado 19 de setembro, o Museo do Ferrocarril de Galicia acolleu un acto homenaxe á figura de José Ignacio Baanante, que foi Administrador único de Siderúrxica Requena, empresa de mantemento e construción de vagóns e material ferroviario situada en Madrid, por toda unha vida dedicada ao ferrocarril histórico e como punto de encontro de museos ferroviarios e asociacións. O homenaxeado, famililar directo de D. Abelardo Baanante nacido en Monforte de Lemos. Por este motivo fíxoselle entrega durante o acto da placa orixinal que leva o nome da rúa do seu antepasado D. Abelardo Baanante.



