Inauguradas as I Xornadas de Desenvolvemento Rural “Do Imposible ao Posible” en Seoane do Courel

Participantes nas I Xornadas de Desenvolvemento Rural.
Foto GPVDL.

O Deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, tivo o honor de inaugurar as I Xornadas de Desenvolvemento Rural “Do Imposible ao Posible”, un evento organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que se celebra na Estación Científica de Seoane do Courel.
O evento está deseñado para facilitar o intercambio de recursos, experiencias e coñecemento entre aquelas persoas interesadas en emprender iniciativas produtivas e vitais no ámbito rural. Durante a súa intervención, Daniel García destacou a importancia de fomentar este tipo de encontros e crear unha rede de colaboración entre aqueles que apostan polo desenvolvemento profesional e vital no rural. Sinalou que “o apoio ao intercambio de experiencias e a vontade de crear rede entre as persoas que apostan por desenvolver a súa actividade profesional e vital no rural é un dos eixos dos proxectos impulsados desde a área de Medio Rural. Queda moito por facer para o desenvolvemento pleno do potencial existente no rural, tamén nas áreas de montaña.” Ao longo da xornada, representantes de proxectos de transformación agroalimentaria en diferentes rexións de Galiza compartiron as súas experiencias. Entre eles, destacaron Mel de Outurelos, Amarelante, Cervexas Píntega e A Carqueixa. Tamén se debatiron proxectos comunitarios que promoven iniciativas colectivas de aproveitamento do territorio e a comercialización de produtos agroalimentarios, como a Comunidade de Montes en Man Común de Carballo, a Asociación de Gandeiros de A Fonsagrada e a Asociación Galega de Persoas e Entidades Comercializadoras Terra.
As xornadas continuaro cun espazo de networking e unha mesa de debate centrada en proxectos de turismo sostible, que contou coa participación de Jimena Santalices de Cabanas Ancares, Lourdes Abuíde de Casa Chaín e Lucía Canoura de Lugar das Marías.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Enfermeiras de “A por todas” protestan en Monforte polas súas condicións laborais

Seguinte Nova

O PP de Monforte reivindica que o alcalde atenda ás necesidades do día a día dos monfortinos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Xornada de Convivencia

Esta semana tivo lugar unha xornada de convivencia que reuniu ás familias acolledoras do programa Vacacións

A %d blogueros les gusta esto: