Lembranza de Pantón para Pepe Domingo Castaño

Imaxe dunha das estancias de Pepe Domingo Castaño no Balneario de Augas Santas en Pantón. Foto GPCP.

O concello de Pantón lamenta profundamente o falecemento do coñecido xornalista galego Pepe Domingo Castaño, unha figura amplamente respectada e querida en todo o país. Pepe Domingo Castaño foi non só un referente no mundo do xornalismo deportivo, senón tamén un gran amigo do noso concello e un amante da nosa fermosa Ribeira Sacra. A relación de Pantón co mundo do deporte ten unha longa historia, e a presenza de Pepe Domingo Castaño na nosa contorna é un testemuño máis desta conexión. O xornalista visitou Pantón por primeira vez no ano 2008, cando foi convidado a participar nun Torneo de Golf co obxectivo de promocionar o campo de golf de Augas Santas. Nesa ocasión, compartiu momentos especiais coa súa amizade Tomás Guasch, tamén xornalista, e Donato, antigo xogador do RC Deportivo da Coruña.
Durante a súa estadía en Pantón, Pepe Domingo Castaño tivo a oportunidade de coñecer a nosa contorna, incluíndo a impresionante Maiorga, unha experiencia que o impactou profundamente. Recordamos as súas verbas, nas que expresaba a súa sorpresa por non coñecer antes a marabilla que é a Ribeira Sacra, a pesar de nacer tan preto da nosa vila.
Dende ese primeiro encontro en 2008, o xornalista galego visitou Pantón en varias ocasións, xeralmente en compañía de outros xornalistas deportivos e as súas familias. Estas visitas consolidaron unha relación especial entre Pepe Domingo Castaño e o noso concello.
Desde o Concello de Pantón, quren expresar as súas condolencias á familia e aos amigos de Pepe Domingo Castaño. A súa perda deixa un baleiro no corazón de todos aqueles que tiveron o privilexio de coñecelo e compartir momentos especiais con el. O concello manterase vinculado á súa memoria e ao mundo do deporte, tal como el desexaría.
Descanse en paz.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda presenta a súa programación teatral

Seguinte Nova

Clausurado o obradoiro dual de emprego compartido por Chantada e Carballedo

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: