O PP de Monforte reivindica que o alcalde atenda ás necesidades do día a día dos monfortinos

Katy Varela renida con veciños de Distriz e A Vide. Foto GPPP..

O PP de Monforte vén de presentar no pasado pleno, dúas iniciativas centradas en abordar as necesidades cotiás dos cidadáns, especialmente enfocadas na atención ao rural e nunha controversia relacionada co novo parque da cidade. A portavoz popular, Katy Varela, expresou a súa preocupación respecto á falta de atención do alcalde de Monforte ás pequenas preocupacións que afectan á vida diaria dos cidadáns. Segundo declarou, “non é normal que o alcalde só se preocupe de publicitarse a el mesmo anunciando sempre o mesmo, pero se esqueza de arranxar esas pequenas cousas que forman parte do día a día dos cidadáns”.
Unha das propostas presentadas polo Grupo Municipal Popular é a necesidade de arranxar o camiño que conecta as parroquias de Distriz e A Vide, que se atopan en mal estado. Os populares subliñan que “o alcalde non mostra suficiente interese polo rural nin polas parroquias de Monforte”, e consideran que isto reflicte unha discriminación entre cidadáns.
A segunda iniciativa dos populares aborda unha controversia relacionada co novo parque situado no centro da cidade, onde algúns veciños soltan os seus cans, mentres outros consideran que esta práctica non é axeitada. O PP busca unha solución para apaciguar a situación e promover a convivencia entre ambas opcións. Durante a campaña electoral, o alcalde prometera un recinto dedicado a soltar cans, pero a polémica aínda non foi resolta.
O Partido Popular espera que estas propostas contribúan á mellora da vida cotiá dos cidadáns de Monforte e fomenten unha maior atención ás necesidades do rural e da comunidade local por parte do alcalde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Inauguradas as I Xornadas de Desenvolvemento Rural “Do Imposible ao Posible” en Seoane do Courel

Seguinte Nova

O PSdeG pide reforzar o servizo de autobús entre Monforte e Lugo, saturado desde o inicio escolar

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss