Este programa pretende ser un escaparate dalgunhas das actividades que se poden realizar no xeodestino no periodo outonal
No outono, a Ribeira Sacra abrazanos coas súas paisaxes impresionantes e actividades emocionantes. O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra presenta o programa «A Caida da Folla, Somos Outono» que ten como obxectivo conectar as persoas coa natureza e a aventura. Dende o Consorcio Turístico propoñen as seguintes actividades:
Sábado 28: De mirador en mirador en BTT (Sober). Unha ruta en bicicleta para desfrutar das espectaculares vistas do Canón do Sil. Unha experiencia técnica, pero ao alcance de todos os públicos. Prezo: 6 €, de 10:00 a 14:00 h.
E unha ruta de 28 km, dificultade baixa
Comer a Ribeira Sacra con todos os sentidos (Taboada): Unha comida especial que combina a natureza coa gastronomía da Ribeira Sacra. Comenza cunha dinámica nos xardíns e remata cunha comida ás escuras e lenta para saborear todos os detalles. Prezo: 15 €, de 12:30 a 15:30 h.
Domingo 29: Cestas e ao bosque! (Chandrexa de Queixa e Montederramo). Unha escapada ao monte en busca de cogomelos: aprenderás a recoñecelos, recollelos e despois degustarás un menú especial cunha variedade de cogomelos.
Prezo: 15 €: de 10:00 a 19:00 h.
Novembro: do venres 3 ao domingo 5: curso de orientación (Manzaneda e A Pobra de Trives). Un curso de orientación en montaña de 3 días con David Caballero, que aborda desde os conceptos básicos ata os avanzados. Prezo: 30 €, venres de 18:30 a 21:00 h; sábado de 9:00 a 29:00 h; domingo de 08:00 a 14:00 h.
Sábado 11: Cestas e ao bosque! (A Pobra de Trives). Outra oportunidade de buscar cogomelos no monte e degustalos nun menú especial. Prezo: 15 €,
horario: de 10:00 a 19:00 h.
Domingo 12: En busca de ouro (San Xoán de Río e Ribas de Sil). Acompañados dun arqueólogo, aprenderemos sobre a extracción de ouro polos romanos e visitaremos un dos xacementos de ouro máis importantes de Galicia. Prezo: 6 €, de 10:00 a 15:00 h.
Sábado 18: Curso de explorador (Paradela). Unha ruta que ensina técnicas de supervivencia no monte. Aprenderemos a recoñecer rastros de animais, a facer lume e a construír refuxios de fortuna. Prezo: 15 €, de 10:00 a 17:00 h.
Domingo 19: Taller de cosmética e unguentos naturais (San Xoán de Río). Un taller para aprender a crear unguentos con propiedades medicinais extraídas de plantas. Prezo: 6 €, de 10:00 a 14:00 h.
Inclúe monitor especializado, materiais e obsequios.
Unha oportunidade única de gozar da natureza e a aventura na Ribeira Sacra. Máis información en turismo.ribeirasacra.org ou contacta en turismo@ribeirasacra.org e no teléfono +34 638 823 592. •