Galicia, comprometida no apoio eprotección ás vítimas de violencia de xénero

s vítimas da violencia de xénero en Galicia contan co apoio firme da Xunta. A Administración galega ten implementado un conxunto de medidas destinadas a ofrecer unha atención completa e unha protección sólida a estas mulleres. Así, son varias as iniciativas do Goberno autonómico para apoiar e protexer ás vítimas, demostrando o firme compromiso de Galicia contra a violencia de xénero.

Apoio xurídico, acompañamento psicolóxico e social
Un dos piares deste compromiso é a garantía de acceso das vítimas a un completo apoio xurídico, acompañamento psicolóxico e social. A Xunta traballa sempre ao carón delas, comprendendo que as vítimas requiren un enfoque integral para superar as dificultades emocionais e legais que xorden nas situacións de violencia de xénero. É así como se traballa para axudar ás vítimas a recuperar a súa independencia.

Apoio económico constante
A independencia económica é fundamental para as vítimas. A Xunta outorga apoios económicos ao longo de todo o ano co obxectivo de garantir que as mulleres poidan gozar dunha situación económica independente. No 2022, concedéronse preto de 900 destes apoios. A maioría destas axudas (571) son de pago periódico, un claro exemplo da aposta galega por proporcionar unha axuda mensual constante durante todo o ano. Estas mulleres reciben ata 800 euros ao mes durante un período de 12 meses. Tamén hai apoios de pago único dirixidos ás mulleres con maiores dificultades de inserción laboral, así como axudas para os fillos orfos e para aquelas mulleres que sufriron feridas graves debido á violencia de xénero.

Recursos de acollemento e protección integral
Os recursos de acollemento tamén xogan un papel crucial na protección das vítimas. No 2022, un total de 351 persoas, incluíndo 130 menores, atoparon refuxio en vivendas tuteladas, centros de acollida e no centro de emerxencia de Vigo. A Xunta ofrece un tratamento integral para protexer ás vítimas da violencia, no marco das súas competencias autonómicas. No ámbito do apoio psicolóxico, dispón dun servizo de garda permanente que atendeu máis de mil persoas o ano pasado.
Desde o Goberno galego considérase fundamental dispor de máis recursos humanos e materiais co obxectivo de que ningunha muller quede desprotexida. Entenden que a colaboración entre diferentes administracións é a clave para acadar a meta de non ter ningunha vítima. Esta meta é o seu obxectivo, e para lograla, traballan man a man con todos os axentes implicados.

Galicia, pioneira na loita contra a violencia de xénero
Galicia foi unha das rexións pioneiras na loita contra a violencia de xénero, anticipándose na aprobación de normas que protexen ás vítimas. Dende o 2009, case 78.000 mulleres en situación de vulnerabilidade recibiron a atención necesaria. Este histórico compromiso coa igualdade e a protección das mulleres continúa na actualidade, coa tramitación no Parlamento de Galicia dunha nova Lei de igualdade. Esta normativa situará a Galicia á vangarda na loita contra calquera forma de discriminación contra a muller. Entre as súas novidades, destaca o recoñecemento da discriminación múltiple e interseccional, así como a promoción de espazos seguros e libres de acoso sexual en cidades e eventos multitudinarios.
A Lei galega de igualdade é o resultado dun proceso participativo que incluíu a consulta a 52 entidades representativas. Este traballo a prol da igualdade e da protección das mulleres demostra o compromiso de Galicia na loita contra a violencia de xénero e na promoción da igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Convenios de colaboración
No marco da loita contra a violencia de xénero, a Xunta renova ano a ano diversos convenios de colaboración. Entre eles, os asinados coas federacións de asociacións de mulleres rurais para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoio ás súas vítimas. En concreto, están implicadas a Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro), a Federación de asociacións de mulleres rurais de Galicia (Fademur), a Federación pola Igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra (Femupo) e a Federación de mulleres do rural da provincia de Lugo (Afammer Lugo).
Tamén cómpre destacar outras colaboracións como a desenvolvida no marco do Proxecto Fénix, un programa punteiro en Galicia que promove a intervención integral con menores de idade sometidos a medidas xudiciais por ter cometido un delito de violencia de xénero, para a súa reeducación e prevención de futuras condutas violentas. A iniciativa, coordinada pola asociación ALAR, enmárcase desde 2019 no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Neste caso, a Xunta de Galicia trata de previr comportamentos violentos entre a mocidade co obxectivo de eliminar condutas nocivas cara a parellas ou ex-parellas e diminuír as posibilidades de reincidencia. Neste sentido, o programa educativo traballa na sensibilización destes mozos en materia de igualdade de xénero e contra a violencia machista, especialmente exercida sobre as rapazas máis novas.
O proxecto Fénix incorpora mozos derivados a través da Fiscalía de menores, establecendo unha rede de traballo en todo o territorio galego para dar resposta directa e inmediata ás demandas de fiscais e xuíces, preferentemente nos casos de menores con cargos penais por violencia de xénero. Tamén está aberto á intervención en centros de menores e centros de intervención educativa en medio aberto (Ciema) que traballan na atención integral cos menores infractores, especialmente adolescentes en situación de conflito social.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os versos deYolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, resoaron en Monforte e na Pobra doBrollón

Seguinte Nova

Concentración en Monforte en solidariedade co pobo palestino en repulsa aos ataques en Gaza

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss