Tal e como explicaron durante a presentación do evento a pasada semana Sara Taboada e Alejandro González, membros da organización, xunto ao concelleiro de Cultura do Concello de Chantada, Manuel Diéguez, xa está todo listo para gozar dunha nova edición do Castañazo 2023, que terá lugar esta fin de semana, logo dun parón provocado pola pandemia. Espérase unha gran afluencia de público, ao redor dos 6000 asistentes, nun festival que contará con participación de grupos como Fillos de Cassandra, Narco, Tremenda Jauría, Bágoas de Sangue, Rastreros e Tremendo Amore, o venres día 27 e Dakidarria, Mafalda, Tropa do Carallo, Sons of Aguirre & Scila Arrythmia e Rebeliom do Inframundo o sábado 28. Haberá tamén actividades paralelas durante toda a fin de semana. O sábado pola mañá terá lugar o Ourizo Rock, dedicado ao público infantil e familiar o sábado pola mañá, no Auditorio Municipal, e Cantos de Taberna e un pasarrúas de Mekanika Rolling Band ao longo da tarde, ademais dun magosto popular.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Este sábado pasado, o escenario Samugueiros, na Pobra do Brollón, vibraba coa impresionante actuación de Mercedes
O pasado domingo a igrexa Nosa Señora da Antiga de Monforte foi o escenario dun concerto
O pasado venres, 6 de setembro, inaugurouse na Casa da Cultura de Chantada unha nova exposición
O Museo de Belas Artes da Coruña está a piques de clausurar unha destacada exposición que