A pasada fin de semana, a Praza de Abastos de Monforte, abriu as súas portas para acoller unha nova edición do Mercado de Outono, unha opotunidade que no que non quixo perderse a numerosa afluencia de visitantes que aproveitaron para degustar produtos típicos de tempada, produtos gastronómicos de outono: castañas, cogumelos, noces ou mel así como os produtos elaborados cós mesmos: doces, marmelos ou licores ademais de aceite, embutidos e queixos galegos. En total foron 12 os postos de venda directa deste tipo de produtos, que tiverón unha moi boa acollida. Houbo ademáis actividades para nenos que tamén estiveron moi concorridas, como o obradoiro de Samaín ou a decoración de cabazas.
Moi apreciados foron tamén os contos de Iseo A Moura, nome artístico de Iseo Agilda, unha filósofa de formación que encamiñou logo a súa vocación cara a Educación Ambiental, que levou o medo e o misterio cas súas catro historias baixo o título: “De cea cos difuntos”
Houbo tamén un espazo propioa para os cogumelos, cun showcooking específico para cociñar este produto, e tamén un obradoiro sobre o cultivo dos mesmos.
O Alcalde José Tomé Roca, quixo destacar que “con esta actividade contribuímos a poñer en valor os produtos típicos do outono. Por outra parte, potenciamos o comercio local e de proximidade, axudando a dinamizar e crear atractivos comerciais. E tamén dinamizamos os espazos comerciais da nosa Praza de Abastos”.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A Xunta celebrará na Ribeira Sacra un congreso internacional para impulsar a súa candidatura a Patrimonio
A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU lanzou, coa colaboración da Xunta
As adegas do Saviñao, entre as que se atopan Adegas Moure S.A, Pilares de Belesar S.A,
A xuntanza, que reuniu a 400 palilleiras e 12 comerciantes, contribuiu a dinamizar o turismo e
A campaña arqueolóxica en Penas do Castelo, situada na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón),