A Asociación de Mulleres Empresarias convoca os premios Son Muller

A Secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, o Deputado provincial de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, a presidenta de AELU, Anjhara Gómez, e o concelleiro de Dinamización Económica de Lugo, Mauricio Repetto. Foto GPDL.

O Deputado provincial de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, únese ao apoio ás mulleres emprendedoras e empresarias na presentación da sexta edición dos Premios Son Muller. Organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU) con respaldo da Deputación de Lugo, estes galardóns destacan o esforzo, a innovación e o talento das mulleres que lideran proxectos empresariais na provincia.
O acto, celebrado no CEI Nodus en Lugo, contou coa presenza de Miguel Fernández, a presidenta da AELU, Anjhara Gómez, o concelleiro de Dinamización Económica de Lugo, Mauricio Repetto, e outras autoridades. O Deputado subliñou a importancia de avanzar na igualdade de condicións e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito empresarial.
A Deputación de Lugo colabora con 3.500€ para a celebración dos premios, acto que terá lugar o 15 de decembro no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).
A Asociación de Mulleres Empresarias dota os premios Son Muller con 1.000€ en metálico á gañadora e o segundo, en 500€. En ambos casos, as galardoadas obterán un ano de cota gratuíta como asociadas de AELU e un xogo de artesanía en cerámica, Matrioskiñas Galegas, elaborado e deseñado exclusivamente para estes premios. Haberá tamén un recoñecemento especial a unha empresaria lucense referente e pioneira no eido social e económico de Lugo.
O xurado estará formado por representantes da xunta directiva de AELU, e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, a empresa e a sociedade lucense.
Poderán optar aos galardóns as emprendedoras e empresarias que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia, que estean dadas de alta como autónomas ou sexan parte dunha sociedade empresarial.
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, tamén se uniu á presentación dos Premios Son Muller 2023. Resaltou a aposta da Xunta polo emprendemento feminino, destacando o programa Emega, que celebra 27 anos en 2023. Este programa investiu 23,3 millóns de euros nos últimos 14 anos, facilitando a creación de 2.084 empregos e o mantemento doutros 648.
A iniciativa, que se reeditará en 2024, enfócase no fomento do emprendemento e do emprego feminino, así como en medidas de conciliación para mulleres autónomas e traballadoras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Na procura dun modelo sostible no desenvolvemento turístico do Courel

Seguinte Nova

O Concello de Folgoso do Courel celebra a XXXIV edición da Festa de Castaña

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss