A Virxe de Montserrat trasladada á igrexa de San Vicente do Pino, aberta de novo ó culto

A imaxe da Virxe de Montserrat na igrexa de San Vicente do Pino.
Foto P.D. REGOA.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, protagonizaron un día emotivo en Monforte, ao presidir os actos de traslado da imaxe da Virxe de Montserrat, patroa da cidade, e de reapertura da igrexa de San Vicente do Pino. Estiveron acompañados por unha ampla representación de autoridades e veciños de Monforte.
O traslado da imaxe da Virxe de Montserrat dende a igrexa da Régoa, onde se atopaba de forma provisional durante os traballos de mellora da igrexa de San Vicente, estaba previsto que se levara a cabo mediante unha procesión. Porén, as inclemencias climáticas fixeron que finalmente a imaxe fora desprazada en camión ata o templo de San Vicente.
José Tomé destacou a importancia deste día para Monforte: «Hoxe é un día importante para min como Alcalde e para Monforte, porque unha vez rematados hai uns días os traballos de mellora desta igrexa de San Vicente, que comezaron en 2019, este templo volverá a acoller celebracións litúrxicas e de culto, así como ser visitado por monfortinos, monfortinas e numerosos turistas ao longo do ano». “Dende o Concello”, subliñou o Alcalde, “levamos a cabo unha colaboración para facer posible o traslado da Virxe de Montserrat dende a igrexa da Régoa, e tamén cos gaiteiros que amenizaron dito traslado”.
Durante as reformas, financiadas grazas ó investimento de preto de 700.000 euros a cargo do Ministerio de Cultura, levaronse a cabo importantes actuacións nas pinturas murais do presbiterio, a nave central e muro norte do cruceiro, o retablo maior e o retablo en pedra do cruceiro do Mosteiro. Ademais, o proxecto descubriu unha pintura mural en bo estado de conservación, cun gran interese histórico e documental.
Según Tomé Roca, o Goberno de España demostrou o seu compromiso coa conservación do patrimonio da provincia e de Galicia, facendo que sexa máis atractivo a través da restauración de pezas e edificacións con gran valor histórico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Folgoso do Courel celebra a XXXIV edición da Festa de Castaña

Seguinte Nova

Os socialistas alarmados pola carencia de médicos no Centro de Saúde de Bóveda

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss