Conectividade en zonas rurais: internet por satélite con axudas de até 600€

Hispasat é o único adxudicatario do Programa UNICO Demanda Rural promovido polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

O Concello de Monforte, en colaboración co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Digital, pon en marcha unha iniciativa pioneira para mellorar a conectividade nas zonas rurais grazas ao «Programa UNICO Demanda Rural (UNICO RURAL-2)», desenvolto pola empresa Hispasat.

INTERNET POR SATÉLITE NAS ÁREAS RURAIS
Este proxecto busca levar o servizo de internet por satélite a áreas rurais que actualmente non contan con cobertura de conexión terrestre fixa. Co apoio da Subdelegación do Goberno de Lugo, o Concello de Monforte ofrece aos cidadáns a oportunidade de contratar unha conexión de banda ancha de alomenos 100 Mbps por tan só 35€ ao mes, sen custos adicionais. Ademais, proporciona unha axuda de ata 600€ para cubrir os gastos de instalación, incluíndo antena, módem e transceptor.

SOLUCIÓN TECNOLÓXICA DE ÚLTMA XERACIÓN
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a importancia deste programa para mellorar a conectividade nas zonas rurais que actualmente non dispoñen de acceso a tecnoloxía terrestre fixa. Este proxecto representa un avance significativo para proporcionar unha solución tecnolóxica satelital de última xeración.

COMO CONTRATALO
Os interesados en acollerse a este servizo poden facelo de forma sinxela a través da páxina web www.conectate35.es, onde atoparán información detallada sobre as condicións e operadores dispoñibles.
O Programa ÚNICO-Demanda Rural está deseñado para áreas rurais sen acceso a conexión terrestre fixa a unha velocidade mínima de 50 Mbps. O obxectivo é chegar ao 100% da poboación en áreas sen acceso a redes fixas de alomenos 50 Mbps. Financiado pola Unión Europea a través do programa NextGenerationEU, este programa representa un avance significativo na conectividade a nivel nacional, beneficiando a 1,3 millóns de fogares e empresas en toda España.
Monforte, coa súa participación activa nesta iniciativa, colócase á vangarda da mellora da conectividade nas zonas rurais.
Esta iniciativa tamén se enmarca na inversión C15.I1 «Extensión da banda ancha ultrarrápida» da Componente 15 do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia da economía española, financiado pola Unión Europea a través do Mecanismo de Recuperación y Resiliencia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entrega dos diplomas aos 20 participantes no obradoiro de emprego de Monforte

Seguinte Nova

Na procura dun modelo sostible no desenvolvemento turístico do Courel

Últimas noticias sobre NOVAS TECNOLOXÍAS

A %d blogueros les gusta esto: