Jacobo Senín gaña a Subida a Taboada

Moi competida resultou a Subida a Taboada 2023, que gañau Jacobo Senín co seu espectacular Nova Proto. Foto C.T..

Facía dezasete anos que non se celebraba a Subida a Taboada e era moita a expectación nos afeccionados ao automobilismo da comarca ante a reincorporación desta proba ao calendario galego. Organizada polo Concello de Taboada e pola Escudería Taboada, a competición non defraudou. Foi todo un éxito de público e participación. No aspecto meramente competitivo, a vitoria absoluta foi para o piloto Jacobo Senín, e o seu espectacular Nova Proto, que se impuxo con claridade, de feito era o claro favorito, a Pablo Rey e Jesús López. En categoría carcross o gañador foi Alfonso Ventín, que terminou en cuarta posición na Xeral. En carrozados, o primeiro posto foi para o chantadino Eduardo Domínguez, da Escudería O Convento, ao volante dun Peugeot 206 RC. Pola súa regularidade merecen ser destacados Darío Amorín e Miguel Olveda, veciños do Concello Antas de Ulla. E dentro dos pilotos locais, a clasificación quedou nesta orde: Manuel Rigueira, Fernando Varela Costoya e Zaida Camino e Marcos Rodríguez.
Foi unha fin de semana de duro traballo para os pilotos, polas complicaciones do estado das estradas polo mal tempo, moita chuvia, frío e vento, o que esixiu o mellor deles. Foi puro espectáculo. Parabens á organización, que ya está a traballar para darlle continuidade a esta proba, coa que se volcou toda Taboada, e evitar deste xeito, que pasen outros dezasete anos ata a seguinte edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Volve a competición ao Pavillón da Pinguela

Seguinte Nova

Continúan as críticas do PP pola a “falta de transparencia” do alcalde de Sarria sobre o matadoiro municipal

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: