O BNG asinou co PSOE o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez

Néstor Rego e Rubén Arroxo anuncian os logros conseguidos para Lugo co acordo de investidura e erixen o BNG como a “única forza que defende os intereses da Galiza”

Néstor Rego: “Co BNG, Galiza e Lugo gañan”. Foto GPBNG.

O BNG vén de dar a coñecer o contido do acordo asinado cos socialistas para facilitar a investidura de Pedro Sánchez, como Presidente do Goberno do estado. Destancan os nacionalistas que inclúe numerosas medidas clave para a provincia de Lugo e a súa xente. Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo, presentaron as principais medidas deste acordo xunto a cargos institucionais e orgánicos do BNG da provincia. Según Rego, este acordo reflicte o compromiso do BNG coa igualdade da Galicia e o fomento da Axenda Galega. Menciónanse medidas que teñen un impacto significativo na vida dos habitantes de Lugo e Galiza en xeral, como o aumento das pensións mínimas e a creación dun xulgado específico de violencia machista.

CONDONACIÓN DA DÉBEDA GALEGA
Un dos aspectos máis destacados é a condonación da débeda galega, que asegura que Galicia será tratada con igualdade respecto doutras comunidades autónomas, como a catalana. Insisten dende o BNG, que co acordo asinado, consguen garantir que a Galicia non sexa prexudicada, senón beneficiada, por esta medida, a pesar das afirmacións en contra do PP.

COMPROMISOS EN INFRAESTRUTURAS
En canto a infraestruturas, o acordo contempla a finalización dos tramos pendentes da autovía Santiago-Lugo da A-54 antes do peche de 2024. Tamén se comprometen a acelerar a reparación do viaduto colapsado na A-6, con traballos programados para o 2024. Algunhas das estradas con maiores índices de sinistralidade na N-6 e na N-640 tamén recibirán atención especial.
No ámbito ferroviario, destácase o inicio dos traballos de modernización da liña A Coruña-Lugo entre Betanzos e Lugo. Ademais, promoveuse o estudo da variante entre Curtis e Ordes, fortalecendo a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago.

XULGADO DE VIOLENCIA DE XÉNERO
En canto a políticas sociais, o acordo prevé a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo. Tamén se comprometen a financiar o 50% das actuacións da Lei de dependencia e a ampliar os permisos de maternidade e paternidade a 20 semanas. Outra medida importante é o aumento das pensións mínimas, que beneficiará a Lugo, unha das rexións con pensións máis baixas do Estado.
Consideran os nacionalistas, que este acordo de investidura é unha demostración do compromiso do BNG con Galicia e a súa xente. Os representantes do BNG subliñaron a importancia de ter unha forza política que defenda os intereses da Galicia, e aseguraron que, co BNG, tanto Lugo como Galicia saen gañando.

ENCONTRO CO SECTOR LA LIMPEZA EN FOLGA
O BNG, ademais, mantivo un encontro co sector da limpeza en folga para escoitar as súas demandas e expresar o seu apoio. Demandas como a asinatura dun novo convenio de limpeza cun salario superior ao Salario Mínimo Interprofesional foron destacadas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte denuncia os problemas de saneamento e abastecemento na cidade

Seguinte Nova

Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss