O Concello de Folgoso do Courel celebra a XXXIV edición da Festa de Castaña

A preocupación invadía o Courel ante as previsións meteorolóxicas adversas, que anunciaban algo máis que o típico mal tempo ao que os veciños están acostumados nestas épocas. Choveu con forza e o vento fixo acto de presenza, pero curiosamente, parece que esta combinación foi benéfica para a colleita de castañas.
O aroma a leña e froito seco invadiu o Courel a pasada semana, unha fragrancia de castaña asada ao carbón que resulta insuperable. A castaña, esencial na gastronomía do Courel foi a auténtica protagonista no campo da feira de Seoane. Celebrándose a súa 34ª edición, este evento, recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia, reuniu ata 600 quilos do ouro do outono, a pesar dun ano difícil para o sector.
O calor no inicio do outono secou os ourizos cando máis precisaban de choiva, e a proliferación de fungos e vermes causou perdas significativas, chegando ao 90% en certas áreas de colleita. Non obstante, iso non impediu que a festa continuase, ofrecendo degustacións de castañas e viño de forma totalmente gratuíta.
Mentres os asistentes disfrutaban das delicias do Courel, varios operarios traballaban arreo para asar as castañas e asegurar que chegasen en óptimas condicións aos estómagos dos participantes.
Moitas foron as caras coñecidas que se deixaron ver pola Festa de Castaña. Entre elas, a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, quen resaltaou a importancia desta celebración de interese turístico, que ofrece non só un tradicional magosto popular, senón tamén outras actividades para os visitantes. Sinalou que a Xunta está a traballar arduamente polo sector da castaña, destacando o plan piloto de Galicia sobre agrupacións de xestión conxunta como ferramenta para a recuperación de soutos.
Tamén o o deputado do PP por Lugo e exvicepresidente da Xunta Francisco Conde, acompañado pola alcaldesa de Folgoso do Courel, a popular Lola Castro, e a deputada autonómica do PP Raquel Arias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Asociación de Mulleres Empresarias convoca os premios Son Muller

Seguinte Nova

A Virxe de Montserrat trasladada á igrexa de San Vicente do Pino, aberta de novo ó culto

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss