O PP de Monforte denuncia os problemas de saneamento e abastecemento na cidade

Os concelleiros do PP de Monforte nun dos plenos do concello. Foto GPPP.

O Partido Popular de Monforte acusa ao Alcalde José Tomé de “tentar lavarse as mans e mirar cara outro lado” na resolución dos problemas relacionados co saneamento e abastecemento de auga potable que afectan á cidade dende hai varios anos.
A voceira popular, Katy Varela, lembra que no pleno de outubro, o alcalde someteu a votación a prórroga dun contrato asinado entre o Concello de Monforte e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o arranxo de varios puntos problemáticos na cidade en relación ao saneamento e abastecemento de auga. Estes problemas son “recorrentes” no municipio e, segundo o convenio, tiñan que ser resoltos antes do final do 2023.
“Estamos ante a terceira prórroga do convenio, asinado en 2020, e vemos como agora as obras deben rematar en 2025, alongando dous anos máis o prazo para solucionar problemas importantes para os monfortinos”, denuncia a popular.
Dende o PP de Monforte reprochan a José Tomé “o desinterese que amosa na corrección dos problemas de auga na cidade e a mala xestión deste contrato”, que, según os populares, ten dous exemplos claros en dous barrios da cidade:
Barrio da Estación: o goberno local non é capaz de atopar a orixe do problema de subministro de auga na rúa Morín, o que resultou en múltiples escavacións sen atopar o punto de conflito coa auga. Os veciños sufriron a falta de presión de auga, e o alcalde responde dicindo que “os veciños teñen que instalar bombas de presión” en lugar de solucionar un problema que é responsabilidade do concello.
Barrio de Piñeira: problemas co saneamento. Augas fecais saen á rúa, xerando un risco sanitario inaceptable.
Dende o PP pensan que Monforte chegou a esta situación porque José Tomé negouse en varias ocasións a aceptar a colaboración proposta pola Xunta, como cando hai catro anos a Consellería de Infraestruturas ofrecía ao Concello a posibilidade de asinar un convenio. “José Tomé optou por non valorar esta oferta, e agora estamos a sufrir as consecuencias desta decisión”, sinalou Katy Varela.
A realidade é que cando a Xunta de Galicia ofrece axuda económica ao Concello de Monforte, José Tomé pecha a porta a estas oportunidades e nega a colaboración que podería mellorar a calidade de vida dos monfortinos. O PP insta ao alcalde a reconsiderar a súa posición e aceptar a colaboración necesaria para resolver estes problemas cruciais na cidade.

AXUDAS PARA AMPLIARA AS PRAZAS DA ESCOLA INFANTIL
Os concelleiros do PP de Monforte non entende a postura do alcalde, José Tomé, que no pasado pleno afirmou que “non pensa solicitar as axudas da Consellería de Política Social para ampliar as prazas da escola infantil ou crear un PAI”.
A voceira popular, Katy Varela, ve innecesaria a “soberbia” do alcalde xa que afirmar que “é un esforzo manter aberta a escola infantil” debería de considerarse “unha absoluta falta de respecto a todos os usuarios da mesma, ademais de a todas as familias que se atopan na lista de agarda”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúan as críticas do PP pola a “falta de transparencia” do alcalde de Sarria sobre o matadoiro municipal

Seguinte Nova

O BNG asinou co PSOE o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss