A Xunta inviste 35.000 euros na mellora do parque infantil da Alameda de Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias e o Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. Fotos GPXG.

O Concello de Chantada recibiu unha achega de 35.000 euros por parte da Xunta de Galicia para levar a cabo a ampliación e mellora do parque infantil situado na rúa Manuel Formoso Lamas, na alameda ao carón do río Asma e do paseo fluvial. O proxecto foi financiado a través da orde de axudas da Vicepresidencia primeira, que busca fomentar a creación e acondicionamento de infraestruturas municipais.
A actuación contemplou unha ampliación significativa da superficie do parque infantil, pasando dos 48 metros cadrados a case 120. Ademais, realizáronse diversas melloras, incluíndo a renovación do pavimento e a incorporación de novos elementos como tobogáns, balancíns e columpios. Un valado de madeira tamén foi instalado nunha parte do perímetro para garantir a seguridade.
A través deste programa de axudas, a Xunta colabora activamente cos concellos para crear e mellorar infraestruturas públicas. A convocatoria deste ano contou cunha dotación total de 3,5 millóns de euros. Javier Arias explicou que, no período comprendido entre 2020 e 2023, a Xunta concedeu ao Concello de Chantada un total de 137.200 euros a través desta orde de axudas, que foron destinadas a proxectos como a construción de vestiarios no complexo deportivo do parque Eloísa Rivadulla, a instalación de xogos infantís no parque de Sangoñedo e a creación de pistas de pádel na contorna do pavillón municipal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Polémica entre os socialistas e o equipo de goberno de Pantón a conta da subida do IBI

Seguinte Nova

Comeza o obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss