O pasado 16 de novembro, o Casino de Chantada, acolleu a presentación da novela «Pronto hei de volver», coa que o escritor chantadino, afincado en Barcelona Amador Castro Moure, gañou o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2022. O evento contou coa participación do director da Editorial Xerais, Fran Alonso, e do tamén autor e escritor Xosé Lois García. Foron moitos os que se acercaron para ver de primeira man o libro que estaba áinda recentemente saído da imprenta e tamén para disfrutar dunha velada literaria, das que nos últimos tempos, o Casino de Chantada programa con moita frecuencia. «Pronto hei de volver» é unha novela moi interesante que aborda o tema da emigración desde unha perspectiva novedosa, na que destaca a elección da protagonista Chiqui, ou Rosario de Chiquinquirá, unha asasina a soldo, residente non infame barrio de Petar, en Venezuela, que busca deixar atrás a vida que leva malia estar convencida de que non existe o «ascensor social».
Amador Castro é licenciado en Socioloxía, aínda que se dedica profesionalmente á informática. Ao longo da súa carreira, publicou diversas novelas, como «Shangai en Barcelona», coa que gañou o premio Xerais en 2019; «Pillabán, pillabán» e «Memorias de antes do encoro».
Tamén participou nas obras colectivas «Escolma da poesía galega 1976-1984» de Xosé Lois García; e «Ecos dous poetas de Chantada. Miscalánea do século XII ao XXI», do mesmo autor.