Comeza o obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda

Acto de presentación no Incio, concello promotor, desta nova edición do Obradoiro dual de emprego. Fotos GPCI.

Co Concello do Incio actuando como promotor, comezou a nova edición do obradoiro dual de emprego para o período 2023-2024, no que tamén colaboran os concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón.
Na presentación do obradoiro, destacouse a participación de 20 alumnos e alumnas, dos cales 6 pertencen ao Concello do Incio, mentres que os outros 7 proceden de cada un dos outros concellos colaboradores. O equipo docente está composto por unha directora, tres monitores e unha administrativa, todos comprometidos co éxito desta iniciativa.
Este obradoiro dual de emprego, terá unha duración de 12 meses e o período de execución estimado será dende o día 6 de novembro de 2023 ata o 5 de novembro de 2024. Ofrecerá formación especializada en dúas especialidades:

  • Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría: 13 alumnos.
  • Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes: 7 alumnos.
    A Xunta de Galicia mostra o seu apoio a esta iniciativa cunha subvención de 532.546,20 euros. Este financiamento permitirá o desenvolvemento do programa, proporcionando aos participantes as habilidades necesarias para integrarse con éxito no mercado laboral, ao mesmo tempo que contribúe ao progreso e mellora dos espazos verdes locais. Este tipo de obradoiros son un exemplo de colaboración intermunicipal para fortalecer a formación e a empregabilidade na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta inviste 35.000 euros na mellora do parque infantil da Alameda de Chantada

Seguinte Nova

CONCENTRACIÓN DE ENFERMEIRAS

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss