Os primeiros polvoróns da Ribeira Sacra chegan as tendas este nadal

Unha empresa de Taboada comercializa os primeiros polvoróns da Ribeira Sacra. Un produto elaborado con manteiga de porco celta e presentado baixo o nome de «Tomesiños». Foto Silváns.

A firma Silváns, reconocida pola súa dedicación á elaboración artesanal de delicias gastronómicas, levará ao mercado neste Nadal un novo produto que sen dúbida conquistará os paladares máis requintados. Trátase dos Tomesiños, polvoróns confeccionados con manteiga de porco celta, unha exquisita elección que garante calidade e tradición. Estes polvoróns, avalados co selo de Artesanía Alimentaria da Xunta de Galicia, destacan pola súa elabouración artesanal, sen empregar conservantes nin colorantes, o que lles confire un sabor único e auténtico. A elección da manteiga de porco celta como ingrediente principal aporta un toque diferenciador e evoca a tradición galega na súa forma máis auténtica. Bautizados como «Tomesiños» en homenaxe a San Tomé do Carballo, antigo nome de Taboada, a vila onde se elaboran.
A presentación oficial destas delicias tivo lugar na feira gourmet galega de Etiqueta Negra, na cidade de Pontevedra. Xa están á venda nas tendas habituais de Silváns repartidas por toda Galicia. A empresa, que leva ao redor de 8 anos deleitándonos coas súas creacións artesanais, é coñecida polas súas galletas Xianas, que marcaron o inicio da súa andaina, e polos bolicos Aloumiños, unha opción crocante e deliciosa elaborada con noz e arandos. Con esta nova proposta, Silváns agarda colocar no mercado arredor de 15.000 unidades dos Tomesiños, consolidándose así como un referente na elaboración de productos galegos de alta calidade e sabor inigualable.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CCU Sarria pon en marcha a campaña Mellor comercio da túa vila

Seguinte Nova

Polémica entre os socialistas e o equipo de goberno de Pantón a conta da subida do IBI

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss