Un Camiño de Santiago cada vez máis sostible

A sostibilidade no Camiño de Santiago é un dos obxectivos que está presente na folla de ruta do Goberno galego desde hai décadas. Introduciuse este concepto no Plan Director dos Camiños de Santiago 2015-2021 e dáselle continuidade e refórzase con 66 millóns de euros no horizonte do vindeiro Ano Santo 2027 no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027 posto en marcha pola Xunta de Galicia.
Nos últimos anos sentáronse as bases cun traballo que incluiu importantes avances en cuestión de xestión ambiental, eficiencia enerxética ou hídrica, pero tamén desde o eido da sensibilización tanto de peregrinos como residentes.

CATALOGACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E BIODIVERSIDADE
En concreto, realizáronse traballos de catalogación do patrimonio natural e biodiversidade do Camiño de Santiago, a posta en marcha dun plan de residuos na Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago como modelo demostrador, impulsouse a compostaxe no rural e leváronse a cabo varias tarefas de concienciación entre os peregrinos para a separación de residuos e uso de bolsas biodegradables axustables ás mochilas.

USO EFICIENTE DA AUGA
O uso eficiente da auga cun protocolo de potabilización das fontes, colocación de válvulas temporizadas en albergues públicos para a diminución do consumo son outros dos aspectos realizados que se reforzarán nos vindeiros anos no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027, onde só a liña de traballo dedicada a un Camiño Sostible conta cun orzamento superior aos 66 millóns de euros ata o ano 2027.

HOSPITALIDADE
Esta sostibilidade é clave para garantir manter os elevados niveis de aceptación dos galegos ante a actividade turística, como se vén de comprobar nas últimas sondaxes. De feito, os últimos datos da Enquisa de Residentes que realiza de xeito anual desde 2020 a Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia para analizar a percepción dos galegos ante a actividade turística e os seus impactos, así o revelan.

VALORACIÓN POSITIVA DO TURISMO EN GALICIA
En concreto, nos últimos anos, entre o 86% e o 90% dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo e moi positiva tamén no resto da poboación.
Se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto da poboación. Cifras que permiten ter unha visión global da situación e seguir avanzando para ofrecer un modelo turístico ordenado e sustentable que axude a repartir territorialmente os beneficios que o turismo ofrece e incrementar así o grao de satisfacción da sociedade galega. Esta enquisa dirixida aos residentes na comunidade naceu como proxecto piloto no 2020 co obxectivo inicial de coñecer a intención de viaxe dos galegos en contexto de pandemia ao tempo que buscaba medir a súa percepción e valoración respecto da actividade turística e os seus impactos. Nos anos sucesivos e coa recuperación paulatina do turismo, a enquisa estase focalizando na percepción do turismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Amador Castro Moure presenta en Chantada «Pronto hei de volver»

Seguinte Nova

Monforte conectará a súa Ronda Urbana coa N-120

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: