Un Ronsel de Futuro: A webserie documental que descobre os tesouros dos museos de Lugo

A Rede Museística Provincial de Lugo, vinculada á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta «Un ronsel de futuro», unha webserie documental que mergulla a audiencia na riqueza e diversidade dos catro museos que conforman a rede. O obxectivo principal deste proxecto é transmitir os contidos tanto materiais como emocionais dos museos, narrando unha historia de ficción que tamén serve para documentar a historia e o patrimonio local.
A trama segue a Braulio, que, despois de cumprir unha condena por grafitar dinosauros no patrimonio, acepta participar nesta iniciativa como parte do seu proceso de reinserción. Bajo a guía do seu titor, Alexandre, Braulio descobre a importancia de crear unha webserie documental sobre a Rede Museística Provincial de Lugo.
O proxecto, liderado por O Señor López (Brian Rodríguez e Rubén Pérez), conta coa colaboración da xerente Encarna Lago, artistas como Mónica Alonso, e destacadas figuras locais como Pilar Yáñez e Mónica Álvarez. A participación de colectivos como o Club Sénior do Museo do Mar, o Grupo de Teatro Antas de Ulla, Espazo Lupa e o Colexio Público de Antas enriquece a produción.
A webserie percorreu diferentes localizacións da provincia de Lugo, incluíndo O Cebreiro, Foz e Samos, así como os propios museos: o Pazo de Tor, o Museo-Fortaleza San Paio de Narla, o Museo Provincial de Lugo e o Museo do Mar.
Despois de presentarse nos Cines Númax e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero, a webserie documéntase con formato de espectáculo en diferentes comarcas. O pasado domingo, presentouse na Casa da Cultura de Antas de Ulla. O 26 de novembro pasarase na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei ás 12:30 h. Máis tarde, chegará a Barreiros, O Courel, Sarria, Meira, Lugo,… •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte inicia novo obradoiro de Emprego

Seguinte Nova

Remata o programa Somos de Outono – A Caída da Folla 2023 con éxito de participación

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss