Solidariedade galega co Sahara

Manuel Luaces, concelleiro do BNG en Monforte, é un dos representantes que visitou os campamentos saharauís en Tindouf.
Foto BNG LUGO-SUL..

Unha delegación de trinta representantes de quince concellos galegos está a realizar unha visita aos campamentos saharauís en Tindouf, Alxeria. Esta misión política organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Delegación da República Árabe Saharauí Democrática en Galicia e España, e a ONGD Solidariedade Galega co Pobo Saharauí ten como obxectivo coñecer de primeira man a realidade das persoas refuxiadas e os proxectos de axuda humanitaria impulsados desde Galicia.
A axenda en terreo comezou cun recibimento por parte da gobernadora de Bojador, Dih Chadad, quen defendeu o dereito á autodeterminación do pobo saharauí e chamou aos responsables municipais a concienciar sobre esta causa xusta nos seus territorios. A delegación galega supervisará proxectos impulsados polo Fondo Galego, como o proxecto Nadafa en Nigrán e Moaña, que traballa na xestión de residuos e sensibilización ambiental.
Os concellos presentes nesta misión inclúen Allariz, Boiro, Brión, Cabanas, Laxe, Lugo, Moaña, Monforte, Muros, Nigrán, Oleiros, Padrón, O Rosal, Sada e Viveiro, xunto con membros do Parlamento de Galicia, Xunta, ONGD, sindicatos, persoal médico e familias acolledoras do programa Vacacións en Paz.
O pobo saharauí foi desprazado do seu territorio en 1975, e actualmente enfronta numerosos desafíos, incluíndo o muro de máis de 2.700 km que separa as áreas liberadas pola Fronte Polisario dos territorios ocupados por Marrocos. A visita busca manter viva a solidariedade de Galicia co Sahara e concienciar sobre a situación destas persoas refuxiadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

CONCENTRACIÓN DE ENFERMEIRAS

Seguinte Nova

Chantada presenta un orzamento ambicioso para o ano 2024

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss