Concentración en defensa da sanidade pública

Foto Pili Chaos

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Zona Sur de Lugo celebrou con éxito a concentración previamente anunciada na praza de España, en Monforte, onte xoves ás 20h. A protesta, que contou cunha ampla participación cidadá, tiña como obxectivo denunciar a situación crítica que afecta á atención primaria no distrito, destacando a paralización case completa da actividade no centro de saúde de Monforte durante este mes.
A Plataforma ven alertando desde hai tempo sobre a precariedade que atravesa a atención primaria, e os centros de saúde de Monforte e arredores son un claro exemplo deste descalabro. No caso concreto de Monforte, os médicos pecharon axendas durante este mes e só atenden urxencias debido á falta de persoal, xunto coa anulación de citas sen previo aviso aos usuarios. A situación é particularmente crítica no servizo de pediatría, que leva moito tempo á deriva sen que se tomen medidas correctoras.
A Plataforma expresa a súa preocupación polo feito de que a situación se deba a permisos do persoal médico, como vacacións ou días libres, sen que se proporcione unha cobertura axeitada. Insisten en que os usuarios non deberían sufrir as consecuencias destes permisos e que é necesario garantir unha atención continua e de calidade. Os centros de saúde na contorna tamén sufriron as consecuencias deste desleixo. O centro de saúde de Bóveda estivo sen médico durante días hai apenas dúas semanas, e actualmente só conta con media enfermeira, xa que a titular debe atender tamén o centro de saúde de Rubián. Chantada, pola súa parte, protagonizou unha protesta hai unha semana, evidenciando a desatención no seu entro de saúde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG denuncia a insostíbel situación da atención sanitaria no sur de Lugo

Seguinte Nova

Nadal en Chantada

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss