Este ano 2023 as rutas fluviais pola Ribeira Sacra, xestionadas pola Deputación de Lugo, superaron todas as expectativas rexistrando un total de 60.400 viaxeiros dende marzo ata esta fin de semana. Un éxito que constata a crecente popularidade deste atractivo turístico provincial, que ven batendo os seus propios récords ano tras ano.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou con entusiasmo estes datos, subliñando que este é «un novo éxito do servizo provincial». García Porto enfatizou que este logro se alcanza sendo respectuosos co medio, declarado Reserva da Biosfera pola Unesco, e sinalou que a aposta pola calidade, proximidade e turismo non masificado é o camiño axeitado.
As rutas fluviais convertéronse nun motor importante de atracción turística para a provincia de Lugo, en especial para a Ribeira Sacra. Xeran un efecto multiplicador en pernoctas e consumo, contribuíndo á dinamización económica, hostaleira, turística e comercial na comarca, sinalou a Deputada.
Na ruta do Canón do Sil, que parte de Ponte do Sil, Monforte de Lemos, rexistráronse 46.147 persoas, mentres que na do Cabo do Mundo, con saída de Santo Estevo en Belesar, contabilizáronse 14.266 viaxeiros.
A ruta que parte de Belesar viuse interrompida este outono debido a traballos no encoro dos Peares, baixando o nivel da auga e impedindo a navegación dos catamaráns durante máis dun mes.
Durante a Ponte da Constitución, máis de 1.000 persoas elixiron estes itinerarios, con 1.071 viaxeiros. A ruta de Ponte do Sil foi a preferida por 858 persoas, mentres que 213 optaron pola de Belesar.
O perfil dos viaxeiros predominou en parellas e pequenos grupos de familiares ou amigos, con visitantes galegos e doutras comunidades autónomas, especialmente maiores de 55 anos. As provincias máis representadas foron Lugo, Pontevedra, Madrid, A Coruña, Barcelona e Asturias. Os datos tamén revelan unha alta presenza de viaxeiros internacionais, con persoas de 35 nacionalidades diferentes, destacando españois, portugueses, franceses e británicos. Estes resultados reafirman a Ribeira Sacra como un destino atractivo e sustentable.•
Últimas noticias sobre TURISMO
Ribeira Sacra concluíu o mes de xullo cunha ocupación media do 68%, con distintas tipoloxías de
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou un balance
A Deputación de Lugo, presidida por José Tomé Roca, asinou un convenio co Concello de Quiroga,
O programa “Descubrir Quiroga” levou aos participantes a explorar a minería aurífera. O concelleiro de Turismo,
O 23 de xullo comezou o programa de visitas guiadas de verán organizado polo Concello da