Eduardo Iglesias a polo seu quinto Dakar

O piloto monfortino e o seu equipo durante a presentación da moto e a equipación que levarán ó Dakar 2024, no que participará co dorsal número 38. Foto MONTERO

O piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, que será o primeiro galego en encadear cinco citas consecutivas do Dakar. A poucos días de comezar a competición, Eduardo Iglesias ademais de preparar a dura proba, non pode de deixar de atender os seus compromisos cos patrocinadores. Por ese vén de ter encontros co director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, pois o monfortino será abandeirado do selo Galicia Calidade no Dakar 2024. Tamén mativo encontros con José Tomé Roca, tanto na súa calidade de Alcalde de Monforte, como de Presidente da Deputación, pois as dúas institucións apoian tamén ao piloto do Team Monforte Rally. O Dakar deste ano terá lugar do 5 ó 19 de xaneiro de 2024, contará cunha prólogo e 12 etapas, e 5.000 quilómetros de percorrido, en Arabia Saudí. O monfortino, aspira a mellorar o seu mellor posto, que foi o 53 que conseguiu na edición de 2021. Neste senso, cabe recordar que Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súas catro participacións no Dakar: non so conseguiu rematar en 3 das 4 ocasións o que é o rally máis duro do mundo, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, nun meritorio posto 94 no ano 2020, no posto 53 en 2021, e no posto 78 en 2022. En 2023, un accidente na etapa prólogo impediu a súa continuidade na proba, “algo do que espera resarcirse este 2024”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Polina Berezina imparte unha Master Class en Monforte

Seguinte Nova

José Tomé Roca inicia os trámites para a visita oficial do Duque de Alba a Monforte de Lemos

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: