Éxito histórico da D.O. Ribeira Sacra no Concurso «Mondial deas Vins Extremes»

Imaxe dos viños premiados no Mondial des Vins Extrêmes de Aosta. Foto EnComún.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra reuniuse o pasado venres no Parador de Turismo de Monforte de Lemos para celebrar a súa tradicional comida de Nadal e recoñecer os éxitos alcanzados no Concurso Internacional «Mondial des Vins Extremes». Neste evento, que se celebrou en setembro no Valle d’Aosta (Italia), a D.O. Ribeira Sacra logrou un éxito histórico ao converterse na Denominación de Orixe máis galardonada a nivel mundial, obtendo 5 Gran Medallas de Ouro e 21 Medallas de Ouro. O Mondial des Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante do mundo para viños producidos en rexións de montaña ou con cultivos extremos.

INTERNACIONALIZACIÓN E FORMACIÓN
Na súa primeira comida de Nadal como Presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía compartiu os éxitos e proxectos futuros co sector vitivinícola. Lombardía destacou as accións realizadas en 2023 e avanzou plans para o 2024, facendo fincapé na aposta pola internacionalización, formación e dixitalización.
«Estamos comprometidos coa internacionalización e formación. Buscamos mellorar a dixitalización das adegas e a conectividade coas adegas e viticultores para unha relación máis efectiva. Tamén queremos fortalecer a comunicación das nosas adegas a nivel internacional», asegurou Lombardía.
A D.O. Ribeira Sacra participará en destacadas feiras internacionais, como Wine Paris & Vinexpo Paris 2024 en febreiro e Prowein en Düseldorf (Alemaña) en marzo. A intención é ampliar os espazos expositivos e participar en novas oportunidades de promoción exterior.
No ámbito formativo, a D.O. Ribeira Sacra está a enfocarse na formación WSET, cursos de Marketing Dixital e Comercio Electrónico, e educación sobre enoturismo. O Presidente tamén subliñou a importancia de promocionar a Ruta do Viño e as súas actividades.
«Este foi un ano intenso, renovamos a vogalía na CECRV e asumimos a presidencia de ACRUAGA. En 2024, iniciaremos un labor importante de delimitación da D.O. Ribeira Sacra, clarificando onde se pode e non se pode plantar en cada concello», afirmou Lombardía.

PREMIADOS GRAN MEDALLA DE OURO
Godello Regina Viarum 2022.
Godello Pazo de Maga 2022.
Don Bernardino branco 2022.
Viña Vella blanco 2022.
Inseparables branco 2021. EDV 2015 SL. Quiroga.

PREMIADOS MEDALLA DE OURO
Vía Romana do Camiño Mencía garda 2021.
Pizarras y Esquistos 2020.
Godello Almalarga 2022.
Mencía Garoubas 2021.
Mencía Garoubas 2020.
Mencía Don Xoan 2022.
Mencía Romeo Domain 2022.
Prómine 2022.
Casa Moreiras Mencía 2022.
Casa Moreiras Godello 2022.
Mencía Don Bernardino Ibio 2020.
Mencía Don Bernardino 2021.
Mencía Don Bernardino 4ª Generación 2018.
Mencía Don Cosme 2022.
Mencía Galanteiro 2022.
Mencía Asolagados 2022.
Finca Cuarta Consentida 2019.
Finca La Capitana 2018.
Mencía Regina Expresión 2020.
Godello Regina Dona 2021.
Mencía Val da Lenda 2022.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destina 7,7 millóns de euros a axudas para o Sector Vitivinícola en 2023 e 2024

Seguinte Nova

Tempo de Nadal

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss