José Tomé Roca inicia os trámites para a visita oficial do Duque de Alba a Monforte de Lemos

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, co Duque de Alba, D. Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, na presentación no Palacio de Liria de Madrid, do último libro da escritora e historiadora monfortina Manuela Sáez, “Vida y obra del VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro”. Foto Arquivo.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou que iniciou os trámites oficiais para a visita do actual XXIII Conde de Lemos e XIX Duque de Alba, D. Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, a Monforte de Lemos. O rexedor monfortino enviou unha carta oficial ao Duque, formalizando a invitación que lle trasladara de maneira formal durante a presentación do libro «Vida y obra del VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro».
A invitación, que fora aceptada «de xeito gustoso» polo Duque de Alba durante a presentación do libro en Madrid, agora agarda unha resposta oficial por parte da Casa de Alba. Se a resposta for favorable, os seguintes pasos serán coordinar a data e os detalles da visita institucional á cidade.
A previsión inicial é que a visita oficial poida ter lugar na primavera-verán do vindeiro ano 2024. Durante o acto de setembro, o Duque de Alba manifestou o seu orgullo por ostentar o título de Conde de Lemos, considerándoo un dos máis grandes e antigos da Casa de Alba.
José Tomé expresou o seu desexo de que a visita do Duque de Alba sexa unha ocasión de orgullo para os monfortinos e monfortinas, e comprometeuse a informar puntualmente sobre os avances na organización deste evento. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Eduardo Iglesias a polo seu quinto Dakar

Seguinte Nova

MaríaVázquez, nomeada a Mellor Actriz Protagonista nos Premios Goya

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss