Rueda anuncia a prórroga da bonificación do 50% no transporte público autonómico

A Xunta ten bonificado preto de 23 millóns de viaxes, beneficiando a máis do 77 % dos viaxeiros nos autobuses autonómicos. Foto GPXG.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o pasado martes que o Executivo autonómico prorrogará no ano 2024 o desconto do 50% nas bonificacións dos autobuses autonómicos, mantendo o compromiso de aliviar o custo do transporte para os cidadáns. Rueda subliñou que esta medida será implementada «con independencia» de se o Goberno central decide manter ou non o desconto estatal no vindeiro ano.
«Con independencia de que o Goberno central axude ou non axude, a xente non pode seguir esperando», argumentou o presidente galego durante o Pleno do Parlamento, destacando a necesidade desta medida que se enmarca nas accións do Executivo autonómico destinadas a «resolver a vida da xente».
Rueda expresou a súa crítica ao Executivo central pola incerteza respecto á continuidade das bonificacións do transporte por estrada, urbano e interurbano, a poucos días do remate do ano. Non obstante, asegurou que, grazas á «estabilidade e eficacia» dos Orzamentos autonómicos aprobados en tempo e forma, a Xunta poderá «suplir as lagoas» do Goberno estatal e prorrogar o desconto do 50% que vén aplicando desde setembro de 2022.

MÁIS DE 27 MILLÓNS DE VIAXES BONIFICADOS
Estes descontos beneficiaron a 23 millóns de viaxes, e estímase que a cifra alcance os 27 millóns ao final do ano, beneficiando a máis do 77% dos usuarios do transporte público en Galicia. A bonificación tamén se aplica ao transporte da ría de Vigo, que conecta a cidade olívica cos concellos de Cangas e Moaña, así como no ferrocarril na área de Ferrol, como parte do Plan de Transporte Metropolitano. O desconto abrange, ademais, os servizos urbanos de Ferrol e Pontevedra, cidades onde o transporte público opera a través de concesións autonómicas.

Recursos naturais de Galicia
«Imos seguir traballando con orde e sentidiño para seguir sendo esta illa estabilidade», anticipou Rueda sobre as intencións do Goberno galego despois da aprobación dos Orzamentos de 2024. Destacou que o Consello da Xunta aprobará mañá o Proxecto de Lei de Recursos Naturais de Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda defendeu esta normativa, que permitirá aos galegos beneficiarse no seu propio territorio dos beneficios da produción de enerxías renovables.
O obxectivo da nova normativa é promover o aproveitamento da abundancia dos recursos naturais de Galicia para retener na comunidade os beneficios ambientais, económicos e sociais dos proxectos relacionados coa produción de enerxía renovable, así como con concesións de augas e minaría.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada presenta un orzamento ambicioso para o ano 2024

Seguinte Nova

Novas medidas de transporte público: os maiores de 65 anos viaxarán gratis no bus da Xunta

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss