Todo listo para celebrar o Nadal en Pantón

Creación veciñal en Mañente para o concurso do Nadal de Pantón. GPCP.

O Concello de Pantón vén de preparar a programación do Nadal con vistas á participación da veciñanza, sen esquecer a música e a diversión para toda a familia.
O programa festivo do Nadal arrancou o domingo 17 de decembro, cun concerto do Grupo Folk de Ribas de Sil no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira.

CONCURSOS E FESTIVAL DE NADAL
Ademais, o Consistorio anima á veciñanza a participar nos dous concursos deseñados para estas festas tan especiais. O Concurso de Beléns, destinado a asociacións, familias e persoas a título individual, ten aberta a inscrición ata o 23 de decembro. Con esta mesma data está convocado o Concurso de Postais de Nadal, destinado a nenos e nenas do municipio. As postais deben de incorporar nome, apelidos e idade da/do participante na parte posterior.
Por outra banda, o Festival de Nadal de Pantón terá lugar o venres 5 de xaneiro a partir das seis da tarde na Casa da Cultura. Os Reis recibirán aos nenos e nenas, que poden entregar as súas cartas, ou ben telas deixado no Buzón instalado estes días na Casa da Cultura. No Festival desenvolverase diversas actividades lúdicas.
Pola súa banda, o obradoiro Pequechef Pantón adicou as sesións deste mes á elaboración de galletas e doces especiais de Nadal. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Nadal en Quiroga

Seguinte Nova

A provincia de Lugo reivindica as súas necesidades no Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss