Transparencia na xestión da rede de abastecemento de auga potable en Monforte

O Alcalde, José Tomé Roca, informou en rolda de prensa celebrada esta semana sobre o Inventario da Rede de Abastecemento de Auga Potable do Concello. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou en rolda de prensa un informe detallado sobre a actual situación da rede de tubaxes de fibrocemento de abastecemento de auga potable no Concello. É a primeira vez, desde a sinatura do contrato con Aqualia no ano 2001, que se proporciona información tan detallada sobre o inventario das tubaxes, a súa localización por rúas, as melloras realizadas e o custo estimado das obras de substitución pendentes para a renovación total da rede de abastecemento.
O Alcalde destacou que esta acción responde ao compromiso asumido no Pleno da Corporación Municipal de novembro de 2023 de compartir esta información con todos os voceiros, buscando transparencia e claridade na xestión municipal.

Renovación progresiva da rede de abastecemento
José Tomé informou que o Goberno Municipal duplicou a renovación da rede de abastecemento de auga potable en relación con gobernos anteriores. Desde a sinatura do contrato con Aqualia en 2001, realizouse un inventario inicial de 77,68 km de tubaxes de fibrocemento. Este inventario foi actualizado en 2016, onde rexistraron 69,12 km de tubaxe. Dende entón, foron substituídos 20,75 km, sendo 12,194 km nos últimos 8 anos, un terzo máis do que nos 16 anos anteriores.
O Alcalde detallou as actuacións necesarias para a substitución das tubaxes, incluíndo a instalación da rede provisional de auga potable, demolición do pavimento, escavación de zanxas, retirada da tubaxe antiga, instalación da nova, conexión, desinfección, limpeza e posta en carga, e recheo da escavación coa reposición de firmes. A xestión do residuo de fibrocemento deberá ser realizada por unha empresa inscrita no Rexistro de Empresas con Risco de Amianto (RERA).

Custos e transparencia
O custo total das obras de substitución e o tratamento do fibrocemento ascende a 9.058.427,80 euros, sen contar con liquidacións por imprevistos. Este é o primeiro momento, desde 2001, no que se proporciona información detallada do inventario das tubaxes, sinalando tamén a súa localización por rúas, as melloras realizadas e o custo estimado das obras de substitución pendentes.
O Alcalde enfatizou que esta acción busca transparencia e claridade na xestión, algo que non se fixo en gobernos anteriores. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novas medidas de transporte público: os maiores de 65 anos viaxarán gratis no bus da Xunta

Seguinte Nova

O Gran Camiñoamosará ao mundo a Ribeira Sacra lucense

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: