A AIE Ribeira Sacra Next reúnese co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias

O encontro entre os membros da AIR Ribeira Sacra Next e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, tivo lugar no Casino Ateneo e Monforte. Foto GPXG.

O Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro a pasada semana coa directiva da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra, entidade creada no ano 2023 co obxectivo de fomentar intereses comúns no sur da provincia. Javier Arias felicitou a esta nova entidade polo paso dado e animou aos seus membros a permaneceren unidos e fortes. Baixo un mesmo paraugas, poderán afrontar intereses, problemáticas e retos futuros de maneira colaborativa. Durante a reunión, o delegado aproveitou para informar sobre as últimas convocatorias de axudas abertas, destacando a de Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, que ofrecen oportunidades para a promoción exterior conxunta das empresas galegas.
Na xuntanza tamén estiveron presentes representantes do polo de emprendemento que a Xunta mantén en Monforte, así como un consultor especializado en networking, promovido polo Igape para fomentar a innovación en todo o territorio. A colaboración entre a Delegación Territorial e a Agrupación Ribeira Sacra busca reforzar os lazos entre o sector público e privado, creando un ambiente propicio para o desenvolvemento económico e a innovación na rexión.
Este encontro subliña o compromiso das partes implicadas en traballar xuntas para impulsar a economía local, promover a colaboración entre os distintos sectores e contribuír ao crecemento sostible da provincia de Lugo. A unión de esforzos entre a Administración pública e as iniciativas empresariais locais é clave para a creación de sinerxias que redunden no benestar e prosperidade da comunidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Javier Arias tamén visitoua empresa Oviganic Ibérica

Seguinte Nova

Monforte acollerá o Foro para Impulsar o Desenvolvemento Empresarial da Provincia de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss