CEIP Virxe do Carme: un compromiso continuo coa educación e o desenvolvemento infantil

O rexedor Luis Fernández Guitián e a concelleira Raquel Arias durante a reunión cos membros da ANPA para facer balance dos investimentos levados a cabo. Fotos GPCS.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a concelleira Raquel Arias, reuníronse con membros da ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme para facer balance dos investimentos realizados no centro e presentar as obras previstas para este novo ano. Contando co apoio da Xunta de Galicia entre 2009 e 2022, o CEIP Virxe do Carme recibiu máis de 530.000 euros en investimentos. Estes fondos permitiron realizar melloras significativas, como a renovación do sistema de calefacción, arranxo da instalación eléctrica, acceso e reformas nas instalacións, obras no polideportivo, creación dun parque infantil, ampliación do comedor e almacén, reforma do salón de actos e medidas para mellorar a eficiencia enerxética, entre outras.
No presente ano, o proxecto inclúe obras de mellora e acondicionamento, destacando a reforma da cuberta do ximnasio e a substitución das baixantes e canalóns do edificio.
O CEIP participa en diversos proxectos, en colaboración co Goberno local, como o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), radio na biblioteca, biblioteca creativa, club de lectura e programa de voluntariado. Ademais, o colexio experimentou un notable crecemento no número de alumnos nos últimos anos, case duplicándose de 39 en 2010 a case 70 no curso actual. O investimento sostido destaca o compromiso coa educación e o benestar dos estudantes nun futuro prometedor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rematan os traballos de conservación e mellora no Viveiro Os Trollos

Seguinte Nova

A Subdelegación do Goberno e o Concello impulsan a cooperación institucional

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss