Centos de chantadinos maniféstanse en defensa da sanidade pública

Desde a plataforma Chantada Quere Sanidade consideran que «non vale o falso argumento político da Xunta de que non hai persoal sanitario para contratar”

Imaxe da manifestación celebrada en Chantada o pasado sábado en demanda da sanidade pública. Foto CQS.

A situación da atención primaria en Chantada chegou a un punto crítico, cun centro de saúde que pasa por dificultades debido á falta de médicos, e a cidadanía decidiu votarse á rúa para manifestar o seu descontento coa situación exposta. Convocados pola plataforma «Chantada quere sanidade», o pasado sábado varios centos de chantadinos acudiron á Praza de Santa Ana, para desde alí, dirixirse ao Centro de Salúd, fronte ao cal se leu un manifesto no que se fixo fincapé en que «coas vidas non se xoga e que a Sanidade Pública é un dous bens máis prezados que temos como sociedade».

Abandono da atención sanitaria no sur de Lugo
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do sur de Lugo (PLADESAPU) continúa a sinalar o completo estado de abandono no que se atopa a atención sanitaria do distrito. Tras denunciar a falta de médicos nos centros de saúde e convocar unha concentración, agora dirixe as críticas cara á xerencia pola situación no hospital comarcal. Denuncian que no contexto actual, o hospital carece dun médico dixestivo propio, xa que a profesional que ocupaba ese posto está de baixa, e non foi substituída. Como resultado, os servizos de colonoscopias e gastroscopias son prestados por profesionais que se desprazan de Lugo un día á semana. Consideran que as listas de espera alcanzan cifras alarmantes, con persoas agardando máis dun ano por unha revisión médica. A falta de resposta ás necesidades da poboación pode derivar en diagnósticos tardíos sen que se asuman responsabilidades. A situación en rehabilitación tamén é crítica. Despois dunha solución temporal con profesionais de Vigo que atendían consulta un día á semana, actualmente o servizo está sen rehabilitador. Sinalan que en psiquiatría, a situación non é diferente, con só un especialista en Monforte, desbordado de traballo e unha lista de espera que resulta vergonzosa.
Denuncian o que califican como colapso actual do hospital, atribuído non ao virus respiratorio, senón á débil atención primaria, incapaz de filtrar os casos leves e provocando un colapso nas urxencias hospitalarias. Critican a falta de organización da que resulta unha distribución inadecuada dos pacientes entre diferentes áreas hospitalarias.
A PLADESAPU fai un chamamento á cidadanía para que se sume á manifestación convocada en Santiago o 4 de febreiro por SOS Sanidade Pública, buscando esixir unha sanidade pública de calidade que atenda as necesidades da poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Francisco Conde representará a España na Conferencia COSAC en Bruxelas

Seguinte Nova

Formación en dixitalización para a muller rural en Chantada

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: