Formación en dixitalización para a muller rural en Chantada

A formación, de 120 horas de duración, comezará o 29 de xaneiro na aula de informática do Telecentro. Foto CCH.

O proxecto formativo «Galegas Dixitais», financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ten como obxectivo principal mellorar as capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais, especialmente aquelas que se atopan en situación de desemprego. Ademais de potenciar as súas habilidades tecnolóxicas, o programa busca incrementar o seu nivel de empregabilidade, fomentar o emprendemento e contribuír ao desenvolvemento rural, todo iso co obxectivo de reducir a fenda de xénero no ámbito dixital.

INSCRICIÓN NA OFICINA DE SERVIZOS SOCIAIS
O Concello de Chantada será un dos lugares onde se desenvolverá esta formación, que terá unha duración total de 120 horas e dará comezo o 29 de xaneiro na aula de informática do telecentro local. As mulleres interesadas en participar poden realizar a súa inscrición na oficina de servizos sociais do Concello.

FORMACIÓN GRATUITA
A formación, completamente gratuíta, será impartida por expertos docentes que guiarán ás participantes a través dun itinerario formativo progresivo. Este itinerario abranguerá dende un nivel básico de competencias dixitais ata un nivel avanzado, proporcionando coñecementos en novas tecnoloxías e ampliando así as oportunidades de empregabilidade e emprendemento.

COMPETENCIAS DIXITAIS
Entre os contidos do programa destacan aspectos fundamentais como navegación, configuración e uso de navegadores, procura de información en internet, nocións básicas de seguridade informática, creación e edición de contidos dixitais, técnicas avanzadas de procura de información, almacenamento en nube, uso básico de redes sociais, e adquisición de bens e servizos a través de plataformas de comercio electrónico, entre outros temas.

TÍTULO ACREDITATIVO E ORDENADOR PORTÁTIL
Ao rematar o programa, cada participante recibirá un título oficial acreditativo da formación completada e tamén se lles entregará un ordenador portátil, co obxectivo de fomentar o acceso e a participación dixital nas comunidades rurais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Centos de chantadinos maniféstanse en defensa da sanidade pública

Seguinte Nova

Iker Casillas déixase ver por Sober a comezos de ano

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss